Minia

Santa galega

Minia é unha mártir romana venerada no santuario de San Fins de Brión.[1] A festa de Santa Minia celébrase o 26 e 27 de setembro e a ela acoden moitos romeiros da zona. É a patroa do concello de Brión.[2]

Modelo:BiografíaMinia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoRoma, Italia Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa26 de setembro
27 de setembro Editar o valor en Wikidata
Patrón deBrión Editar o valor en Wikidata

O nome é de orixe latina, Minia, talvez forma feminina de Minius, de orixe incerta, quizais etrusca. Minius tamén ó o nome latino que dá lugar a Miño, o río, que se pode relacionar co minium, óxido de ferro de varios minerais de cor rubia, cinabrio, minio.

A difusión do nome é recente e debida ao santuario de Brión.[3] Leva este nome a astrofísica Minia Manteiga. Lugrís Freire escribiu un drama titulado Minia, drama nun acto en prosa.[4]

A lenda de Santa Minia e a historia do seu santuario en Brión

editar
 
Capela de Santa Minia en Brión

Segundo a lenda, Minia foi unha mártir romana do século IV, martirizada con 15 anos no 362 sendo emperador Xuliano. O corpo foi achado no cemiterio de San Calisto en 1781 e entregado á igrexa metropolitana esmirnense en 1841. En 1783 sacouse o corpo e maila lápida do sartego no cemiterio de Santa Inés. En 1804 o prefecto do Sagrario Apostólico doou os restos a Juan Francisco Arieta e nese mesmo ano o nobre Tomás Anduaga levounos para Cádiz.[5] Cubríronse os ósos con cera e forráronse con panos de liño ao estilo romano. Metéronse nunha urna xunto cun vaso do seu suposto sangue, cos certificados de autenticidade e un anaco de lousa coa inscrición MINIA IN SOMNO PACIS (Minia no sono da paz). Finado o nobre gaditano, o seu criado galego Luís Tobío, de Amaía, levou para a súa terra en 1848 as reliquias. Depositounas na sancristía da igrexa parroquial de San Fins de Brión e logo foron para un santuario erguido na mesma parroquia en Pedrouzos.[3] Nese mesmo 1848 o bispo de Santiago de Compostela, Rafael de Vélez, recoñeceu oficialmente o culto de santa Minia.[6]

Todos os anos acoden miles de romeiros e romeiras a Brión o día de santa Minia porque se cre unha santa moi avogosa. Cóidase que poñendo unha candea coa forma da parte do corpo enferma e ofrecéndose á santa cunha misa e algún sacrificio obrarase o milagre e o doente sandará.[7]

A imaxe da santa representa unha moza nova xacente, vestida con roupas de patricia romana.

editar
Santa Minia milaghrosa
na súa cama deitada,
se non fora Santa Minia
Brión non valía nada.

Teño de ir á Santa Minia,
Teño de ir á Escravitú,
téñolles de dá-as gracias
que me deron a salú.

Santa Minia milagrieira
veu de Cadis a Padrón
e agora vamos vela
a San Felís de Brión.[3]

Santa Minia, San Campio, San Pexerto e Santa Plácida.

editar

Santa Minia, San Campio e San Pexerto son os tres santos populares paleocristiáns cuxas reliquias, procedentes das catacumbas romanas de San Calisto, se conservan en Galicia desde a última parte do século XVIII, polo que os santuarios e devoción por eles son relativamente modernos.

San Campio e san Pexerto eran moi indicados para a protección dos mozos que ían facer o servizo militar por suporse que foran soldados romanos. Nos tres casos coincide que coas reliquias veu de Roma a lápida encontrada na tumba e un vaso co suposto sangue do mártir, que pode ser o vaso de perfumes que se poñía nas tumbas romanas.

A eles únese Santa Plácida de Rubiáns, traída un pouco máis tarde do cemiterio romano de San Ciríaco.

  1. Ledo Cabido, Bieito (ed.). "Minia". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 
  2. "Alumeado na carballeira de Brión pola súa 'patroa'". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-09-15. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Ferro Ruibal, (dir.); Boullón Agrelo, Ferro Ruibal, Xosé M. García Álvarez, Lema Suárez, Tato Plaza (1992). Diccionario dos nomes galegos (en galego). Vigo: Ir Indo. pp. 384–5. ISBN 84-7680-096-7. Arquivado dende o orixinal o 23/12/2015. Consultado o 9/9/2020. 
  4. "Ficha da obra". bvg.udc.es. Consultado o 15/9/2020. 
  5. MUNDIARIO. "Santa Minia de Brión: la pequeña historia de una niña romana en Galicia". MUNDIARIO (en castelán). Consultado o 2020-09-10. 
  6. A forma 'santa Minia' é unha denominación popular informal, pois non foi canonizada pola Igrexa
  7. "Santa Minia y el milagro de las velas corporales". La Voz de Galicia (en castelán). 28/9/2010. Consultado o 10/9/2020. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Santa Minia, Virgen y Mártir. Santiago de Compostela. 1974.