Xosé María Lema Suárez
escritor, historiador e etnógrafo galego
Xosé María Lema Suárez, nado en Bamiro (Vimianzo) o 30 de setembro de 1950, é un escritor, historiador e etnógrafo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1950 (74 anos) Bamiro, España |
Actividade | |
Ocupación | historiador, etnógrafo, escritor |
Membro de | |
Xénero artístico | Ensaio, narrativa |
Premios | |
Traxectoria
editarCatedrático de Xeografía e Historia de ensino secundario desde 1992, exerce de profesor no IES Antón Losada Diéguez, da Estrada. Membro correspondente da Real Academia Galega (2002) e numerario (patrón) do Museo do Pobo Galego (2005), é o primeiro presidente do Seminario de Estudos Comarcais para a Promoción do Patrimonio Cultural da Costa da Morte (SECCOM). É un dos membros fundadores da asociación en favor da lingua galega ProLingua.
Obras
editarEnsaio
editar- Bamiro. Un estudio do hábitat rural galego, 1977, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
- Arte Relixiosa no Arciprestado de Soneira (desde o 1500), 1992.
- A arte relixiosa na Terra de Soneira, 1993, Fundación Universitaria de Cultura.
- Os mellores pazos da Costa da Morte, 2001, Asociación Neria.
- Onomástica histórica dunha parroquia galega: Berdoias (1607-2000). I, Os nomes masculinos, 2006, Asociación Galega de Onomástica.[1]
- Batáns e muíños do Mosquetín (Vimianzo): guía breve, 2007, Seminario de Estudos Comarcais para a Promoción do Patrimonio da Costa da Morte.
- Pola nosa lingua. Unha década de artigos en defensa do galego (2009-2019) (2021). Autoedición. ISBN 9788409304257. Ilustracións de Heitor Picallo.[2][3]
Narrativa
editarTradución
editar- O pirata Kernok, de Eugène Sue, 1988, Edicións do Cumio.
Edicións
editar- Un novo documento de D. Juan Antonio Posse: a 'Plática Tercera' (1838), 1998, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.
Obras colectivas
editar- Vocabulario Galego-Castelán, 1984.
- Dicionario Xerais da Lingua, 1985, Xerais.
- Edigal-Galego. Método audiovisual para a aprendizaxe da lingua galega, 1985.
- O enigma da herdanza Hertz, de Pierre Gripari, 1989, Edicións do Cumio. Tradución con Carme Ruibal.
- Historia do C. D. Baio e da Liga da Costa, 1989, Concello de Zas. Con Alfonso Villar López.
- Pequeno dicionario Xerais da Lingua, 1989, Xerais.
- Dicionario Castelán-Galego de usos, frases e sinónimos, 1990, Xerais.
- A chamada do muecín, de Helen Keiser. 1991, S. M. Tradución con Carme Ruibal.
- Ferro, Xesús (dir.); Ana Isabel Boullón Agrelo, Xesús Ferro Ruibal, Xosé M. García Álvarez, Xosé María Lema Suárez, Fernando R. Tato Plaza (1992). Diccionario dos nomes galegos. Vigo: Ir Indo. p. 664. ISBN 84-7680-096-7.
- O teu nome, 1994.
- Contos, de Enrique Labarta Pose, 1996, Galaxia. Coeditor con Xosé Manuel Varela.
- O castelo de Vimianzo e os Moscoso de Altamira, 1998, Deputación da Coruña. Con Roberto Mouzo Lavandeira.
- Arquitectura megalítica da Costa da Morte [antas e mámoas], 1999, Asociación Neira. Con Manuel Suárez Suárez.
- Os faros da Costa da Morte, 2001, Asociación Neria. Con Manuel Vilar Álvarez.
- Nas orixes da nosa identidade. II Simposio de Historia da Costa da Morte, (Carnota, 16, 17 e 18 de xuño de 2000), 2001, Asociación Neria. Con Manuel Suárez Suárez e Manuel Vilar Álvarez.
- A Feira de Baio: o mercado máis antigo da Terra de Soneira, 2007, Amigos de Monte Torán. Con Xosé María Rei Lema.
- Actas da I xornada histórica sobre a figura de Juan Antonio Posse, o crego liberal, con motivo do 240 aniversario do seu nacemento: (Laxe, 21 de abril de 2007), 2008, Toxosoutos.
- Gran dicionario Xerais da Lingua, 2009, Xerais.
- 55 mentiras sobre a lingua galega, 2009, Laiovento.
- O hórreo atlántico ou fisterrán: cabazos e cabaceiras da Costa da Morte e Barbanza, 2010, Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Con Carlos Fernández Concheiro.
- A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte, 2010, Xerais.
- O hórreo atlántico ou fisterrán. Cabazos e cabaceiras da Costa da Morte e Barbanza (Galicia), 2011, Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Con Carlos F. Concheiro.
- Iconografía xacobea nas igrexas e santuarios da Costa da Morte, 2011, Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Con Eva López Añón.
- Os cruceiros máis sobranceiros da Costa da Morte, 2012, Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Con José María Laredo Cordonié.
- 50 anos da Historia do Fútbol da Costa (1964-2014), 2015, Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Con Xosé María Rei Lema.
Premios
editar- Premios Pedrón de Ouro de Etnografía en 1976.
- Antón Losada Diéguez de Investigación en 1994.
- Premio xornalístico Manuel Raimóndez Portela (2010) no Concello da Estrada
- Finalista dos Premios Xerais no 2011, por Costa do Solpor.
- Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria no 2014, por Costa do Solpor.
Notas
editar- ↑ Dispoñible aquí xunto co seu anexo
- ↑ Diario, Nós. "Xosé María Lema: "Estes gobernantes feriron de morte a lingua que tiñan a obriga de defender"". Nós Diario. Consultado o 2021-11-10.
- ↑ Senín, Xavier (outubro, novembro, decembro, 2021). "A obriga cívica de defender o galego". Grial LIX (232): 91–92. ISSN 0017-4181.