Ana Boullón

lingüista galega
(Redirección desde «Ana Isabel Boullón Agrelo»)


Ana Isabel Boullón Agrelo, nada na Pobra do Caramiñal o 1 de abril de 1962, é unha lingüista galega. Dende 2012 é membro correspondente da Real Academia Galega e en sesión do 22 de decembro de 2020 foi elixida académica de número.[1] Leu o discurso de ingreso na Pobra do Caramiñal o 11 de novembro de 2021, contestado por Ramón Lorenzo.[2]

Infotaula de personaAna Boullón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de abril de 1962 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
A Pobra do Caramiñal, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingüística, lingua galega e literatura galega Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónlingüista , profesora universitaria , tradutora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega, lingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 581 Dialnet: 48422

Traxectoria editar

Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse coa tese Contribución ó estudo da antroponimia medieval galega (séculos VIII-XIII) (1999), dirixida por Ramón Lorenzo. Impartiu, na década dos 80, cursos de galego para o profesorado non universitario, xornalistas da CRTVG e persoal funcionario. Foi profesora na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB da Coruña (1988) e a Escola Universitaria de Pontevedra (1990-1991), desde 1991 é profesora da Facultade de Filoloxía da USC.[3]

Editou textos medievais, con Henrique Monteagudo De verbo a verbo. Documentos en galego anteriores a 1260 (2009). Estudou a transmisión textual da Crónica de Iria e participou na comisión para a elaboración das normas de edición da documentación medieval da Gallaeciae Monumenta Historica.[3]

Traballa en temas relacionados coa lingua e a toponimia.[4] Participa activamente, como membro do Seminario de Onomástica da RAG, na revisión do Nomenclátor de Galicia e é investigadora principal para a toponimia de Galicia e Portugal do proxecto Toponomasticon Hispaniae. No campo da lexicografía, foi parte do equipo de obras divulgativas. Desde comezos dos anos 1990 dedicouse á investigación dos nomes e apelidos. É membro desde 1990 do proxecto de investigación internacional Dicionario histórico dos apelidos románicos (PATROM). Planificou, xunto a Xulio Sousa, a Cartografía dos apelidos de Galicia, RAG-ILG. colaborou na elaboración da Clasificación dos 10 nomes máis populares de Galicia (2000-2015). Coordina a elaboración dun gran dicionario dos apelidos galegos, e mais a Guía dos nomes galegos.[3]

É colaboradora das revistas Verba e Cadernos da Lingua. Desde 2007 forma parte do proxecto Dictionnaire Étymolgique Roman, que pretende elaborar un novo dicionario etimolóxico panrománico herdeiro do Romanisches Etymologisches Wörterbuch, de W. Meyer-Lübke. É consultora para os nomes galegos do Projeto Novo Dicionário de Nomes em Uso no Brasil.[3]

No campo da tradución literaria, participou na tradución da colección das series de mitoloxías publicadas por Xerais (romana, viquinga, exipcia, celta), así como outras novelas en Xerais e Alfaguara. É membro da Asociación de Tradutores Galegos e do Consello de redacción da súa revista, Viceversa, que se edita en colaboración coa Universidade de Vigo.[5]

Obras editar

Infanto-xuvenil con Pere Tobaruela editar

Ilustracións de Andrés Mexide

Ensaio editar

Obras colectivas editar

  • Dicionario normativo galego-castelán (1988).
  • Vocabulario comercial básico (1988). Xunta de Galicia.
  • Dicionario escolar galego (1989). Galaxia.
  • Léxico administrativo castelán-galego (1991). RAG-ILG. Coordinadora.
  • Ferro, Xesús (dir.); Ana Isabel Boullón Agrelo, Xesús Ferro Ruibal, Xosé M. García Álvarez, Xosé María Lema Suárez, Fernando R. Tato Plaza (1992). Diccionario dos nomes galegos. Vigo: Ir Indo. p. 664. ISBN 84-7680-096-7. 
  • Estudios dedicados a Celso Emilio Ferreiro (1992).
  • Diccionario dos nomes galegos (1992). Ir Indo.
  • O teu nome (1994). Ir Indo.
  • Guía bibliográfica da lingüística galega (1996).
  • Homenaxe a Pilar Vázquez Cuesta (1996).
  • Homenaxe a Ramón Lorenzo (1998).
  • Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización (2016). RAG. Coordinadora.
  • Aproximacións á variación lexical no dominio galego-portugués (2017).

Como editora editar

  • Teatro de máscaras, de Ramón Otero Pedrayo (1989). Con Fernando R. Tato Plaza.
  • Na nosa lyngoage galega. A emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media (2007).
  • Estudar toponimia. Aproximacións metodolóxicas e interpretativas (2017).
  • Antroponimia e lexicografía (2018).

Como tradutora editar

Notas editar

  1. "Xela Arias, Día das Letras Galegas 2021". La Voz de Galicia. 2020-12-22. Consultado o 2020-12-22. 
  2. "Ana Boullón ingresa na RAG: “A onomástica permítenos crear a nosa biografía familiar e colectiva”". Real Academia Galega. Consultado o 2021-12-13. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Membro". Real Academia Galega. Consultado o 2021-12-13. 
  4. ""Os nomes das vías urbanas deben rescatar a microtoponimia xa existente no lugar" - Benvida - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2019-10-10. 
  5. "tradutor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-12-13. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar