Pere Tobaruela
Pere Tobaruela Martínez, nado en Barcelona o 14 de novembro de 1965, é un escritor en catalán, galego e castelán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Barcelona, España |
Actividade | |
Ocupación | autor |
Traxectoria
editarÉ licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Barcelona, comezando a súa carreira literaria en 1999, primeiro en catalán, e posteriormente en lingua galega. Chegou a Galicia o 26 de decembro do 2005 e en setembro do ano seguinte presentou a primeira obra en galego.[1] Reside actualmente en Rois.[2][3]
No 2009 fichou polo Celta de atletismo e foi bronce no absoluto galego de marcha en pista, tamén campión galego de veteranos en 10.000 m.[4] Tamén foi adestrador e directivo do equipo de fútbol gaélico da Estrada.[5] Despois vinculouse ao fútbol feminino, sendo adestrador UEFA Pro e adestrador do feminino sénior de Villestro SD.[6]
Nos comezos exerceu de xornalista para despois dedicarse á escrita literaria.
En febreiro de 2014, Pere Tobaruela declarou que Lea Tobery é un dos seus heterónimos: criouse en Alburquerque (EEUU), graduouse en Saúde e Servizos Sociais na New México State University. Por motivos laborais do seu marido, que é axente literario, reside temporalmente en Roma.[7]
Con Ledicia Costas creou o pseudónimo Pereledi (Pere+Ledi(cia).[8]
En 2015 foi concelleiro en Rois por Xente de Rois,[9] repetindo como cabeza de lista nas seguintes eleccións municipais.
Obra en galego
editarLiteratura infanto-xuvenil
editar- Cos ollos de neno (2007). Biblos Clube. 80 páxs. ISBN 978-84-935609-0-4.
- Viaxes dun can de palleiro (2009). Sotelo Blanco. 128 páxs. ISBN 978-8478245734.
- A cripta do apóstolo (2010). Xerais. Literatura infanto-xuvenil, traducida ao galego por Ana Isabel Boullón Agrelo. 344 páxs. ISBN 978-84-9914-081-0.
- La cripta del apóstol (2010). Ediciones B. 320 páxs. ISBN 9788466643481.
- Na cerna da selva (2010). Sotelo Blanco. 124 páxs. ISBN 978-8478246038.[10]
- Antela e o vento (2011). Meubook, libro electrónico. Ilustracións de Minia Regos.
- O códice do Santo Lugar (2013). Xerais, Fóra de Xogo. 118 páxs. ISBN 978-84-9914-462-7. ePub ISBN: 978-84-9914-713-0.
- Celi. Camiño das estrelas (2015). Compostela Promocións Culturais. 34 páxs.
- Cinco horas con Mauro (2016) Embora. 88 páxs. ISBN 978-8416456185.
- Catro pedras vellas (2017). Baía Edicións. 84 páxs. ISBN 978-84-9995-229-1.
- Auga e lume (2018). Baía Edicións. ISBN 9788499953014. Ilustracións de Víctor Boullón.
- Carmiña e Fandiño en Narón (2018). Edicións Embora. 34 páxs.
- A boa e a avoa (2018). Edicións Embora. 68 páxs. ISBN 978-84-16456-81-9.
- Trebellos. Lume no ceo (2019). Baía Edicións. 80 páxs. ISBN 9788499953267. Ilustracións de Víctor Boullón.
- O asasinato da profesora de xeografía (2019). Edicións Embora. 174 páxs. ISBN 978-84-17824-14-3.
- Mariña e o balón (2020). Xerais, Col. Merlín. 40 páxs. Ilustracións de Pablo Rosendo. ISBN 978-84-9121-631-5. ePub: ISBN 978-84-9121-620-9. Kindle_KF8: ISBN 978-84-9121-659-9.
- Celi no Camiño de Santiago (2021). Compostela Promocións Culturais. 34 páxs.
- Soños (2021). Lugo: Alvarellos. Con debuxos de Víctor Boullón. 28 páxs. ISBN 978-84-18567-02-5. Este conto está feito todo el de palíndromos.
- Na cerna da selva (2022). Vigo: Galaxia, Col. Costa Oeste. ISBN 978-84-9151-933-1.
Colección Formig4s
editarCon ilustracións de Andrés Meixide.[11]
- Formig4s. Misión Nova York (2014). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9914-732-1.
- Formig4s. Misión París (2014). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9914-731-4.
- Formig4s. Misión Barcelona (2015). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9914-942-4.
- Formig4s misión Tokyo (2017). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-209-6.
- Formig4s misión Camiño de Santiago (2019). Xerais. 3ª ed. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-504-2.
- Formig4s. Misión Rosalía (2022). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-1110-043-4.
Con Ana Boullón
editarIlustracións de Andrés Mexide.
- A rebelión das rúas (2007). Sotelo Blanco, Branco de cores. 28 páxs. ISBN 978-84-7824-537-6.
- A Cruz dos Farrapos (2007). Sotelo Blanco, Branco de cores. 28 páxs. ISBN 978-84-7824-589-5.
- Unha vaca marela en Compostela (2008). Sotelo Blanco, Branco de cores. 29 páxs. ISBN 978-84-7824-564-2.
- Peregrino na sombra (2009). Sotelo Blanco, Branco de cores. 28 páxs. ISBN 978-84-7824-590-1.
- ¿Unha pantasma na cidade? (2009). Sotelo Blanco, Branco de cores. 29 páxs. ISBN 978-84-7824-565-9.
Con Luz Méndez
editar- Vouvos papar (2008). Xerais. Ilustracións de Daniel Xove. 112 páxs. ISBN 978-84-9782-924-3.
Como Pereledi (con Ledicia Costas)
editarIlustracións de Andrés Meixide.
- Desaparizión (2011). Everest Galicia. ISBN 9788440311795.
- Publicada tamén en catalán Desaparissió (2012). Cadí. 120 páxs. ISBN 978-84-474-4067-2.
- Mortos de Ningures (2011). Everest Galicia. 128 páxs. ISBN 9788440311788.
- Letras de xeo, 2012, Everest Galicia. 120 páxs. ISBN 9788440312150.
- Ouro negro, 2013, Everest Galicia. 120 páxs. ISBN 978-84-403-1219-8.
Obras como Lea Tobery
editar- Resurrección (2011). Xerais. Tradución de Ana Isabel Boullón. 262 páxs. ISBN 978-84-9914-230-2.
- Vapor (2014). Xerais. Tradución de Ana Isabel Boullón. 256 páxs. ISBN 978-84-9914-624-9. ePub: ISBN 978-84-9914-661-4.
Narrativa
editar- Poñente (2011). Xerais. Tradución de Ana Isabel Boullón Agrelo. 208 páxs. ISBN 978-84-9914-309-5.[12]
- Eu son Deus e outros contos (2012). Redelibros, libro electrónico.[13] 87 páxs.
- A teoría dos contrarios (2016). Embora. 104 páxs. ISBN 978-84-16456-25-3.
Colección O camiño conto a conto
editarLa Voz de Galicia, ilustracións de Andrés Meixide.[14] Narracións para pais, nais e fillos.[15]
- Camiño de Fisterra-Muxía (2010).
- Camiño do Mar de Arousa e Río Ulla (2010).
- Camiño do Norte (2010).
- Camiño do Sueste (2010).
- Camiño Francés (2010).
- Camiño Inglés (2010).
- Camiño Portugués (2010).
- Camiño Primitivo (2010).
- Destino final: Santiago (2010).
Banda deseñada
editar- O encanto da Pedra Chá (2013). Everest-Galicia. 48 páxs. ISBN 978-8440312228.
Obra en catalán
editarConversas e entrevistas
editar- L'home i el territori. Vint converses geografiques (1999). Rafael Dalmau Editor. 236 páxs. ISBN 9788423206070.
- Darrere l'horitzó ( 2002). La Magrana. 176 páxs. ISBN 9788482643748. Con Joan Tort.
- Floquet per sempre (2003). Edicions 62. 96 páxs. ISBN 9788429753615. Con Jordi Sabater Pi.
Literatura infanto-xuvenil
editar- La Torre dels Moros (2005). Con Joan Tort. Empuries. 112 páxs. ISBN 9788497871099.
- La Clau d'Aigua (2007). Barcanova. 304 páxs. ISBN 9788448920951.
- El Pacte. Punt de trobada (2013). Edicions Cadí. 160 páxs. ISBN 9788447440825.
Ensaio
editar- Okorobikó. Una biografia de Jordi Sabater Pi (2003). Edicions de la Magrana. 223 páxs. ISBN 9788482645056.
- El delta del Llobregat. Terres d'oblit (2003). Publicacions de l'Abadia de Montserrat. Con Jaume Sans. 120 páxs. ISBN 9788484154747.
- Etologia. Cap a la desmitificació de l'home (2004). Publicacions de l'Abadia de Montserrat. Con Jordi Sabater Pi. 96 páxs. ISBN 978-8484155881.
Narrativa
editar- En blanc i negre (2007). Edicions Generals - Càlam. 128 páxs. ISBN 978-8448921002.
- Llum de ponent (2009). Llibres de L'Índex. 168 páxs. ISBN 978-8496563780.
Banda deseñada
editar- Les aventures de Floquet de Neu (2004). Empuries, 64 páxs. ISBN 9788497870610. Con Joan Tort.
Premios
editar- 2013: Premio Frei Martín Sarmiento para 1º e 2º de ESO, por Mortos de ningures, xunto a Ledicia Costas.
- 2018: Premio Frei Martín Sarmiento 2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria, por Catro pedras vellas.[16]
- 2018: Gañador ex aequo con Ánxela Gracián do VIII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira.[17]
Notas
editar- ↑ Lugo, El Progreso de (2018-04-13). "O escritor Pere Tobaruela presenta en Mondoñedo o seu último libro". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2021-02-16.
- ↑ "PERE TOBARUELA Casa del Libro". casadellibro. Consultado o 2021-02-16.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-02-16.
- ↑ "El Murakami gallego gana títulos además de escribir". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-04-06. Consultado o 2021-02-16.
- ↑ "Pere Tobaruela: un escritor con corazón irmandiño Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-02-16.
- ↑ "Real Federación Galega de Fútbol - Visualización de Equipos". www.futgal.es. Consultado o 2021-02-16.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-02-16.
- ↑ asociacionescritoras-es. "Santiago: presentación de Mortos de Ningures, de Pereledi (Pere Tobaruela e Ledicia Costas) Axenda cultural AELG". Consultado o 2021-02-16.
- ↑ "pere Tobaruela, de Xente de Rois, quere que o concello se sume a campaña En Negro contra a Violencia". Lindeiros. 2017-08-24. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-02-16.
- ↑ "As Estantigas: Na cerna da selva, de Pere Tobaruela". As Estantigas. 2019-03-05. Consultado o 2021-02-16.
- ↑ "Formig4as, unha serie de novela de aventuras Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-02-16.
- ↑ Región, La (2009-04-01). "El escritor Pere Tobaruela publica una novela sobre las industrias catalanas en Galicia". La Región (en castelán). Consultado o 2021-02-16.
- ↑ Requeixo, Armando. "Eu son Deus e outros contos". Criticalia. Consultado o 2021-02-16.
- ↑ "Pere Tobaruela y Andrés Meixide, un lenguaje a la medida de los niños". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-09-26. Consultado o 2021-02-16.
- ↑ "«La colección de cuentos del Camino de Santiago es un lugar de encuentro de padres e hijos»". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-09-30. Consultado o 2021-02-16.
- ↑ asociacionescritoras-es. "Gañadoras/es da XV edición dos Premios Frei Martín Sarmiento Axenda cultural AELG". Consultado o 2021-02-16.
- ↑ culturagalega.org (2018-09-19). "Os gañadores repartirán os 2.500 euros de dotación do galardón". culturagalega.org. Consultado o 2021-02-16.