Poñente (novela)
Poñente é unha novela en lingua catalá de Pere Tobaruela, publicada en 2009 co título orixinal de Llum de ponent. Foi traducida ao galego por Ana Boullón.
Poñente | |
---|---|
Título orixinal | Llum de ponent |
Autor/a | Pere Tobaruela |
Cuberta | Miguel Vigo |
Orixe | Cataluña |
Lingua | Catalán |
Colección | Narrativa (nº 309) |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Edicións Xerais de Galicia |
Data de pub. | 2009 2011 |
Formato | Tapa branda con lapelas; 14,5 x 22 cm Rústica cosido a fío |
Páxinas | 208 |
ISBN | ISBN 978-84-9914-309-5 |
Tradución | Ana Boullón |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trama
editarCarme é unha profesora de historia catalá, que nun congreso en Italia coñece a Sarela, unha profesora universitaria galega, da que namora. As dúas comezan a investigar o papel dos empresarios cataláns da salga da sardiña na Pobra do Caramiñal a mediados do século XIX. Así, coñecen a historia de Joan Sadurní, un home que procede dunha familia labrega e que acabou xestionando as empresas máis importantes de navegación do Barbanza e que casou por amor cunha costureira galega.
Narración
editarA novela vai intercalando episodios ambientados na actualidade con analepses de mediados do século XIX. A trama desenvólvese principalmente na Pobra do Caramiñal, aparecendo tamén outros lugares como Santiago de Compostela, Barcelona, Sitges ou Porto.
A trama contemporánea está narrada en primeira persoa por Carme, e as analepses aparecen en terceira persoa cun narrador omnisciente. Os capítulos, cincuenta e catro, son moi curtos, e inclúen documentos ficticios como testamentos, partidas de defunción ou documentos administrativos. Amais, hai descricións aparecidas no Dicionario de Madoz e anacos de textos de autores como Xosé Cornide Saavedra ou Lisardo Barreiro.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha Arquivado 03 de decembro de 2013 en Wayback Machine. na web da editorial