Andrés Meixide

deseñador e ilustrador galego

Andrés Meixide Gayoso, nado en Vigo en 1970, é un deseñador e ilustrador galego.[1]

Infotaula de personaAndrés Meixide
Biografía
Nacemento1970 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónilustrador , deseñador Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É un deseñador e ilustrador que ten colaborado coa TVE Internacional como realizador de decorados e cabeceiras de diversos programas. A súa obra como ilustrador está publicada en Everest, Planeta&Oxford, Xerais, Galaxia, Embora ou Sotelo Blanco.[2] [3]

Colaborou en publicacións como Tempos, Cielo Negro, BD Banda e na revista Golfiño, onde en 1999 creou a personaxe de Thom, que desde 2007 se publicou en La Voz de Galicia. Como deseñador tamén participou en campañas publicitarias.[4]

Ilustrador editar

Colección Formgig4s editar

Con textos de Pere Tobaruela.[5]

Premios[6] editar

  • Primeiro Premio no Salón do Cómic de Vigo coa obra Abrir Vigo ao mar
  • Segundo premio no XI Concurso Galego de Banda Deseñada Xuventude 95 por O asasino chamábase Roger.
  • Segundo Premio no XII Concurso Galego de BD (1996) por A dous centímetros.
  • 2006: The White Ravens

Notas editar

  1. "Andrés Meixide - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-01-19. 
  2. "Libros de ANDRES MEIXIDE Casa del Libro". casadellibro (en castelán). Consultado o 2024-01-19. 
  3. www.funtsak.com, Funtsak-Diseño y Programación Web-. "Libros de Andrés Meixide Gayoso. Biografía y bibliografía". www.txalaparta.eus (en castelán). Consultado o 2024-01-19. 
  4. "Andrés Meixide". Edicións Embora. Consultado o 2024-01-19. 
  5. "Formig4as, unha serie de novela de aventuras Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-02-16. 
  6. "Meixide, Andrés". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-01-19.