Héitor Picallo

escritor e ilustrador galego

Héitor Picallo Fuentes, nado na vila do Baño (Cuntis) o 18 de outubro de 1974, é un escritor e ilustrador galego, coñecido tamén cos pseudónimos de "Carrapucho" e "K-Rapucho".

Infotaula de personaHéitor Picallo
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1974 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Cuntis, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , debuxante Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioCarrapucho
K-Rapucho Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 327011


Traxectoria editar

Estudou a EXB no Colexio Público Don Aurelio Rey, o bacharelato no Seminario Menor A Asunción (Santiago de Compostela) e rematou os estudos de Enxeñería Técnica Naval na Universidade da Coruña (Campus de Ferrol).

Foi un dos fundadores da Asociación O Fervedoiro e da sección Acude Alí (Acción CUltural na DEfensa d'A LIngua).

Ten desenvolvido numerosas actividades culturais en diversos recunchos de Galiza, así como campañas en defensa do patrimonio público (Burgas de Cuntis), do patrimonio histórico-artístico (mámoas, aras romanas, petróglifos, edificios senlleiros de determinadas vilas da contorna caldense), e na defensa de diversos intelectuais galegos como Isaac Díaz Pardo.

Realizou diversas conferencias sobre Historia e Lingua Galegas, sobre Pedro Cerviño,... Colabora en proxectos de Recuperación da Memoria Histórica e investiga sobre a orixe e evolución do Escudo de Galiza.

Foi cofundador da revista cultural A Taboada (das asociacións O Meigallo, de Cuntis, e A Cabana, de Moraña) e foi membro do seu consello de redacción.

Publica en revistas de investigación como El Museo de Pontevedra, Raigame, Murguía, Tapa, Anuario Descubrindo, Miscelania do Pobo Estradense, Boletín de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia, Ficheiro Epigráfico Arquivado 04 de xuño de 2023 en Wayback Machine. - Suplemento da Revista Conimbriga (Universidade de Coimbra), Románico: Revista de Arte de Amigos del Románico e Compostellanum. Ten colaborado en xornais e publicacións periódicas como Galicia Hoxe, El Correo Gallego, Vieiros, Diario de Arousa, Diario de Pontevedra, A Nosa Terra, Sermos Galiza, Galicia Confidencial, Terra e Tempo, Nós Diario, Luzes e La Voz de Galicia. Publica críticas literarias en xornais como Diario de Arousa e Diario de Pontevedra.

Participou na recompilación de información sobre a historia marítima galega para o Museo do Mar de Galicia (Vigo) e dende 2023 é patrón numerario do Museo do Pobo Galego.

Obras editar

Literatura infantil editar

Ten tirado do prelo a colección de libros infantís Tilirín: o meu primeiro dicionario (do que xa van publicados 8 volumes na Editorial Fervenza):

  • Tilirín e os Paxaros (2004)
  • Tilirín e os Peixes (2005)
  • Tilirín e o Universo (2006)
  • Tilirín e os Escritores das Letras (2007)
  • Tilirín e as Construcións Galegas (2008)
  • Tilirín e os Insectos (2009)
  • Tilirín e a Poesía de Hoxe (2011)
  • Tilirín e a Mitoloxía Galega (2013)

Obras de coautoría editar

Obra colectiva editar

  • O Traque da Quenlla (2008).
  • Dairas (2010), poemario colectivo galego-árabe prologado por Xosé Neira Vilas.
  • Knock on wood – Tocar madeira (Tórculo 2012), sobre a obra do artista plástico Cé Tomé.
  • Pedigree (2013).
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (A. C. Caldeirón 2013).
  • Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (edicións Fervenza 2015).
  • Manuel María: libro colectivo de homenaxe no seu Día das Letras Galegas (Lugo 2016), coordinado por José Estévez López.
  • Homenaxe a Olimpio Arca Caldas: un mestre do pobo (edicións Fervenza 2016), coordinado por Carlos Loureiro, Manuel Núñez e Héitor Picallo.
  • Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda (Alvarellos editora 2017).
  • O escudo de Galiza (Terra e Tempo 2020)
  • Á procura da luz. Yolanda Carbajales (2020)
  • Historia de Lérez: unha ollada desde Cedofeita (2021)
  • De Compostela ao Pico Sacro: Alba de Gloria 2011-2021 (2021)
  • 75 apertas de buxo irmandadas para Pintor (2021)

Traducións ao galego editar

  • A Epopea do Terzo de Galegos (2006) de Horacio Vázquez Rivarola.
  • Regionalismo Nacionalismo Separatismo (2008), de Xohán Xesús González.
  • Prevención de Riscos Laborais no Mergullo (2008), de Óscar Figueiro Touceda.

Ilustración editar

Ilustrou numerosos libros das Editoriais Fervenza, fundamentalmente, Xermolos-Irmandade Manuel María e Toxosoutos, pero tamén se ven as súas obras plásticas en xornais, revistas, publicacións divulgativas varias (como Aunius, ¡Que crisis!...), revistas de investigación (Tapa, Raigame, Murguía,...).

Algunha das súas caricaturas foron portada en xornais como Galicia Hoxe (Días das Letras Galegas dos anos 2005 e 2011, dedicados a Lorenzo Varela e Lois Pereiro, respectivamente), El Correo Gallego (Día das Letras Galegas 2012, na que se lle rende homenaxe a Valentín Paz Andrade); e Nós Diario (Día das Letras Galegas de 2023 dedicado a Francisco Fernández del Riego), así en suplementos culturais no Diario de Pontevedra (Letras Galegas 2004: na honra de Xaquín Lorenzo, "Xocas").

Exposicións editar

Realizou exposicións individuais e colectivas, tanto de acuarelas, óleos e caricaturas en:

Premios editar

Notas editar

  1. Redacción (24 de febreiro de 2019). "Héitor Picallo presentó su ensayo histórico sobre el castaño". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 26 de xaneiro de 2021. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28/12/2013. Consultado o 04/08/2012. 
  3. "Heitor Picallo, premiado con el Manuel Reimóndez" Arquivado 18 de agosto de 2012 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 2 de agosto de 2012.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar