El Recreo Compostelano
El Recreo Compostelano foi un xornal quincenal galego en castelán, que se publicou entre 1842 e 1843 en Santiago de Compostela.
El Recreo Compostelano | |
---|---|
Localidade | Santiago de Compostela |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarApareceu o 11 de xaneiro de 1842.[1] O director era Antonio Neira de Mosquera, o editor José Núñez Castaño e o redactor principal Antolín Faraldo, que empregaba o pseudónimo de Abenhumeya. Compuxeron, tamén, a redacción, José Domínguez Izquierdo, Alberto Camino, Benito Vicetto e Manuel de la Peña Cagigao.
A temática da publicación estaba relacionada con aspectos históricos, literarios e filosóficos.
Cesou a súa publicación o 11 de setembro de 1843.
Notas
editar- ↑ Número un Arquivado 24 de decembro de 2014 en Wayback Machine. en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Recreo Compostelano |
Bibliografía
editar- "Recreo Compostelano, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "RECEO COMPOSTELANO, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Lorenzana, Salvador (abril - maio - xuño, 1988). "Breve historia da prensa periódica en Galicia". Grial: 210–222. ISSN 0017-4181.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- El Recreo Compostelano na hemeroteca virtual da Real Academia Galega.