Alberto Camino

avogado e escritor galego

Alberto Camino Sigüert, nado en Ferrol o 1 de novembro de 1821[1] e finado en Madrid o 2 de marzo de 1861, foi un avogado e escritor galego.

Alberto Camino
Nacemento1 de novembro de 1821
Lugar de nacementoFerrol
Falecemento2 de marzo de 1861
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
IrmánsAntonio Camino e Domingo Camino
Na rede
Galiciana: 63270
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Cursou estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Vinculado ás actividades da Academia Literaria de Santiago, colaborou con artigos e poemas en El Iris de Galicia, El Miño, El Porvenir e La Aurora de Galicia e tamén en medios non galegas (La Antorcha e La Esperanza). Non deixou publicado ningún libro en galego, e pénsase que a súa obra inédita (ou parte dela) foi mandada queimar polo propio Camino nun acto de tolemia poucos días da súa morte[Cómpre referencia]. Este escritor destacou como compositor de panxoliñas de Nadal e Reis, mais tamén como poeta elexíaco. De feito, dúas das súas máis coñecidas e composicións son elexías, os poemas Nai chorosa e O desconsolo. Escribiu tamén os vilancetes, incluídos no volume Canciones al nacimiento de Nuestro Señor Jesucristo y degollación de los Inocentes en el Hospicio de Santiago (1849), titulados “Falade ben baixo” e “Alegría, festa e rúa”, datados entre 1848 e 1849. En castelán escribiu o poema “La conquista de México”, a comedia en verso A la vejez aladares de pez e o drama Lisardo el estudiante. No Álbum de la Caridad recóllense poemas seus como os titulados “Repique” ou “Blas, baila a muiñeira”. En 1896, Andrés Martínez Salazar recolleu as súas composicións poéticas co título Poesías gallegas.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar