El Porvenir (1845)

El Porvenir foi un periódico que se publicou en Santiago de Compostela[1] en 1845.

El Porvenir
Revista de la juventud gallega

Editar o valor em Wikidata
Fundación3 de febreiro de 1845
Remata28 de agosto de 1845
DirectorAntolín Faraldo
RedacciónAntonio Romero Ortiz
José Rúa Figueroa
Linguacastelán
LocalidadeSantiago de Compostela
Periodicidade3 veces ao mes
Na rede
Galiciana: 7397
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Revista de la Juventud Gallega, apareceu o 3 de febreiro de 1845 co lema "Todo para Galicia". Editábase na Imprenta de la Viuda e Hijos de Compañel e aparecía tres veces ao mes.[2] O seu director foi Antolín Faraldo, e os seus redactores Antonio Romero Ortiz e José Rúa Figueroa. Saíron á rúa 14 números, o último número apareceu o 28 de agosto dese ano, pois o gobernador da Coruña decretou a súa suspensión o 1 de setembro.

Neste periódico apareceu o manifesto Nuestra bandera literaria, probablemente da autoría de Ramón de la Sagra, no que se defendía a anarquía literaria como camiño para acadar unha emancipación absoluta do pensamento. Por esta razón algúns autores considérano como o primeiro periódico anarquista do mundo.[3][4]

Notas editar

  1. En moitas publicacións figura como lugar de edición A Coruña, pero debe tratarse dun erro.
  2. No número 11, de 29 de junio de 1845, informaba que se publicará 3 veces ao mes.
  3. "Ramon de la Sagra". Encyclopaedia Britannica (en inglés). Consultado o 15-3-2020. 
  4. Woodcock, G.: Anarchism: a history of libertarian ideas and movements. University of Toronto Press, 2004. P. 299. ISBN 1-55111-629-4 (en inglés).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar