Antonio Romero Ortiz

Político, avogado e xornalista español

Antonio Romero Ortiz, nado en Santiago de Compostela o 24 de marzo de 1822[1] e finado en Madrid o 18 de xaneiro de 1884, foi un político liberal,[2] ministro de Gracia y Justicia durante o Sexenio e ministro de Ultramar durante os gabinetes de Zavala e de Sagasta. Tamén foi un persoeiro importante no movemento do provincialismo galego.

Antonio Romero Ortiz
Nacemento24 de marzo de 1822
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento18 de xaneiro de 1884
Lugar de falecementoMadrid
SoterradoSacramental de San Lorenzo y San José
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónpolítico, avogado e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Fillo do notario Domingo Manuel Romero e de Rita García Mariño[1], en 1837 conseguiu o título de Bacharel en Filosofía e en 1843 licenciouse en Dereito na Universidade Central de Madrid.

Romero Ortiz participou na Academia Literaria de Santiago durante os seus anos de estudante. Fundou con José Rúa Figueroa o periódico satírico de literatura e costumes Santiago y a ellos, que axiña foi prohibido. Máis tarde, xunto con Rúa Figueroa e Antolín Faraldo, foi editor da revista El Porvenir, dirixida por Faraldo.

Foi elixido deputado polo distrito da Coruña en 1854, polo de Noia en 1858, polo de Benisa (Alacant) e Noia en 1863 (o 20 de abril de 1864 optou por Noia), volveu ser elixido por Noia en 1864, en 1865 por Alcoi e Santiago de Compostela (correspondeulle representar a Compostela mediante sorteo); outra vez por Alcoi e Santiago en 1869 (optou de novo por Compostela). Volveu ser elixido por Noia en 1871, volvendo ser reelixido polo mesmo distrito ata 1884.

Foi Ministro de Gracia y Justicia inmediatamente despois da Gloriosa (de 8-10-1868 a 22-2-1869 e de 25-2-1869 a 18-6-1869). O 13 de marzo de 1878 foi nomeado ministro de Ultramar, cargo que desempeñou con Zavala e con Sagasta. Foi un destacado masón, que acadou o grao de Soberano Gran Comendador do Supremo Consello en 1882. Dende marzo de 1881 até outubro de 1883, foi gobernador do Banco de España.

Notas Editar

  1. 1,0 1,1 Priego Fernández del Campo & Cabezón 1998
  2. Baró Pazos (1993), p. 163

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar


Predecesor:
Carlos María Coronado
  
Ministro de Graza e Xustiza de España
 
8 de outubro de 1868 - 18 de xuño de 1869
Sucesor:
Cristóbal Martín de Herrera
Predecesor:
Víctor Balaguer
  
Ministro de Ultramar de España
 
marzo de 1881-outubro de 1883-
Sucesor:
Adelardo López de Ayala
Predecesor:
Martín Belda
 Gobernadores do Banco de España 
1881-1883
Sucesor:
Juan Francisco Camacho
Predecesor:
Pedro Sabau y Larroya
  
Real Academia da Historia
(medalla 2)
 
1880-1884
Sucesor:
Manuel Danvila y Collado