Antonio Camino

poeta galego


Antonio Camino Sigüer, nado na Coruña en 1818 e finado en Madrid, foi un poeta galego.

Infotaula de personaAntonio Camino
Biografía
Nacemento1818 Editar o valor em Wikidata (205/206 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAlberto Camino e Domingo Camino Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 4241

Traxectoria editar

Irmán de Alberto e Domingo Camino. Fixo estudos de filosofía e medicina. Foi contable no ministerio de Gobernación e empregado de Telégrafos. Participou nas actividades culturais do provincialismo con pezas teatrais como Matilde de Castro, colaboracións na prensa e lecturas poéticas en castelán e, posteriormente, cunha produción en galego. Consérvanse os poemas publicados en 1861 “A noite de San Xoán”, “As malas novas”, “O enterro” e “Nos días de S.A.R. o príncipe don Alfonso”, publicado en 1862.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar