Domingo Camino

xornalista e poeta galego

Domingo Camino Sigüer, nado en Santiago de Compostela en 1827 e finado na Coruña o 30 de setembro de 1879[1][2], foi un xornalista e poeta galego.

Modelo:BiografíaDomingo Camino
Biografía
Nacemento1827 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de setembro de 1879 Editar o valor en Wikidata (51/52 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, xornalista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAlberto Camino
Antonio Camino Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Camino (Domingo), p.65) Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 4798 BUSC: camino-domingo-1827-1879

Traxectoria

editar
 
Álbum de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861.[3]

Irmán máis novo de Antonio e Alberto Camino. Bacharel en xurisprudencia non chegou a rematar a carreira de Dereito. Foi axudante do presidio correccional da Coruña e despois arquiveiro-bibliotecario na Deputación da Coruña. Membro do movemento cultural compostelán e, en especial, do Liceo de la Juventud, colaborou na prensa galega e dirixiu a publicación La Ilustración de La Coruña. A primeira composición en galego que se lle coñece é “Virxe garrida”, recollida nas Canciones al nacimiento de Nuestro Señor Jesucristo y degollación de los inocentes en el Hospicio de Santiago (1849). Escribiu tamén “O rogo do namorado” (1858), “A la caridad” (1861), “Os lamentos!” (1861), “Amor sin esperanza” (1864) e a muiñeira “A constansia” (1868).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar