El Miño (Vigo)
El Miño foi un periódico galego que apareceu en Vigo entre 1857 e 1868.

Historia e características editar
Subtitulado Periódico de comercio e intereses generales, editouse baixo o lema Todo por Galicia. Todo para Galicia e foi dirixido por Juan Compañel, propietario e impresor no seu obradoiro tipográfico da rúa Real nº 14 de Vigo. Manuel Murguía foi un dos seus colaboradores. Aínda que tiña periodicidade bisemanal, pasou a saír tres veces por semana (en xullo de 1868). O equipo redactor era o mesmo que o de La Oliva, ao que sucedeu cando foi suspendido por orde gobernativa en 1857. Continuou a súa liña rexionalista, democrática e progresista, e desapareceu co remate da sanción. Cesou o 1 de outubro de 1868.
Adolfo Calzado Sanjurjo publicou na editora de El Miño a súa novela Alternativas.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Miño |
Bibliografía editar
- "Miño, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Álvarez Blázquez, J. Mª (1980). "La prensa periódica viguesa en el siglo XIX". Vigo en su historia (en castelán). Caja de Ahorros Municipal. pp. 508–510. ISBN 84-7231-494-4.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 308. ISBN 84-8288-137-X.