El Idólatra de Galicia
El Idólatra de Galicia, foi un periódico galego que apareceu entre 1841 e 1842 en Santiago de Compostela, voceiro oficioso da Academia Literaria de Santiago.
Historia e características Editar
Fundado e dirixido por Domingo Díaz de Robles, levaba por subtítulo Periódico sabatino. De Literatura, Ciencias y Artes en general, Historia, Moral y Costumbres. Foi o pioneiro entre os periódicos de tendencia provincialista. Publicáronse 17 números entre o 1 de outubro de 1841 e o 15 de xaneiro de 1842.[1]
Notas Editar
- ↑ "El Idólatra de Galicia : periódico sabatino de literatura, ciencias y artes en jeneral, historia, moral y costumbres (1841-1842)". Galiciana. Consultado o 27 de xaneiro de 2019.