José Domínguez Izquierdo

avogado, xornalista e escritor galego

José Domínguez Izquierdo, nado en Santiago de Compostela e finado en Louro (Valga) o 24 de agosto de 1897[1], foi un avogado, xornalista e escritor galego.

Modelo:BiografíaJosé Domínguez Izquierdo
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de agosto de 1897 Editar o valor en Wikidata
Louro, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, avogado Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 5010 BUSC: dominguez-izquierdo-jose

Traxectoria

editar

Licenciado en Leis pola Universidade de Santiago de Compostela en 1842, doutor en Dereito, foi xuíz. Colaborou nos periódicos El Eco de Galicia, El Iris del Bello Sexo, El Centinela de Galicia, El Heraldo Gallego, La Perseverancia, El Porvenir e La Joven Galicia, e foi redactor de El Recreo Compostelano, El Eco Compostelano e El Miño. Entre as súas publicacións destacan Fisionomía del médico gallego rural (1851), Outra carta procrama en pro do País en contra de canto se opoña ao engrandecemento do antigo reino gallego (1858), baixo o pseudónimo Pepe de Mingos Esquerdo, e Estonces e agora ou coroas e cadeas do fidalgo povo galicián (1859), que forman parte dos primeiros textos en prosa escritos en galego. Dirixiu a Corona fúnebre a la memoria del distinguido poeta gallego Aurelio Aguirre Galarraga (1859).

  1. Necrolóxica en La Opinión, 30-8-1897, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar