Manuel de la Peña Cagigao

xornalista galego

Manuel de la Peña Cagigao, nado en Ferrol en 1822[1] e finado na mesma cidade o 1 de abril de 1865, foi un xornalista galego.

Infotaula de personaManuel de la Peña Cagigao
Biografía
Nacemento1822 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de abril de 1865 Editar o valor en Wikidata (42/43 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Publicou algúns poemas en El Recreo Compostelano. Emigrou aos Estados Unidos. Foi redactor de La Crónica de Nova York. Regresou a España e foi redactor de La España de Madrid. Volveu a Nova York para facerse cargo da dirección de La Crónica. Regresou a Ferrol por razóns de saúde e alí morreu en 1865.

  1. "Peña Cagigao, Manuel da". Diciopedia do século 21 III. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1607. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar