Abrir o menú principal

Santa María de Cortegada é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE de 2011 tiña 273 habitantes (143 mulleres e 130 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 375 habitantes.

Cortegada
Igrexa de Santa María de Cortegada, Silleda.JPG
Igrexa de Santa María de Cortegada.
ConcelloSilleda
Poboación273 hab. (2011)
Entidades de poboación15

Historia e patrimonioEditar

Destacan os gravados rupestres de Pena Longa e do Castro do Cura no lugar de Cardigonde. No lugar de Camporrapado tivo lugar unha feira o día 24 de cada mes.

En canto á arquitectura, destacan a igrexa de Santa María, do século XVI; e as capelas de Santa Lucía en Framiñan, dos Aflixidos en Camporrapado, de 1812; e de San Brais, na Casa dos Chaos, no lugar do mesmo nome.

Nesta parroquia naceron o político Antón Alonso Ríos e o médico Alfredo Ramos López, ambos no lugar de Camporrapado. Ademais, ten lugar a Festa da Paella, iniciando as festas parroquiais.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar