Manduas, Silleda
San Tirso de Manduas é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1006 habitantes (498 homes e 508), 89 máis ca en 1999. Ten 16 entidades de poboación.
Manduas | |
---|---|
![]() Igrexa de San Tirso de Manduas. | |
Concello | Silleda[1] |
Provincia | Pontevedra |
Poboación | 1006 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
TopónimoEditar
Segundo o filólogo Joseph-Maria Piel o topónimo procede do latín AMANDOLA ("améndoa"), que derivou a Mándolas durante o período suevo (século VI)[2].
Historia e patrimonioEditar
A súa igrexa parroquial foi reconstruída na década de 1930, mantendo a porta románica da orixinal. Ten a portada cara ao leste. Hai tres cruceiros no camposanto, no campo da feira e no lugar de Quintela.
A Casa da Viña, onde naceu en 1914 o político e escritor Ramón de Valenzuela, é un pazo con escudo con armas dos Gil, Taboada e Luaces, e león coroado dos Valenzuela e capela dedicada a San Antón. Tamén nesta parroquia naceron o gaiteiro Manuel Dopazo Gontade e o tenor José Vales Mahía e o mestre Víctor Fraiz Villanueva, así como os alcaldes de Silleda Casimiro Fernández Otero e Manuel Cuíña Fernández.
Destaca o núcleo da Bandeira, nacido ao pé do camiño real a Santiago de Compostela. O seu nome provén do estandarte ou bandeira que tiña unha casa forte no lugar do Fortín e arredor da cal se comezou a celebrar unha feira, que actualmente ten lugar os días 14 e 29 de cada mes.
En 1909 fundouse en Bos Aires a Sociedad Pro-Escuelas en Bandeira, que construíu a antiga escola, hoxe convertida no Centro Cultural Vista Alegre. En 1982, neste lugar fundouse a Banda Recreativa e Cultural de Bandeira.
FestasEditar
Na vila da Bandeira celébrase a festa da empanada da Bandeira.
Galería de imaxesEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Piel, J.-M. (1975). "Mánduas: um problema de toponimia histórica galega". Grial (48): 227–230.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de ManduasEditar
Lugares da parroquia de Manduas no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
Andamollo | A Bandeira | Bravil | A Calzada | O Castro | Crestelle | A Devesa | Ferrozos | Letros | Lourás | Medelo | A Moa | Outeiro | Quintela | San Tirso | Vilaverde | A Viña |