Manuel Cuíña Fernández
Manuel Cuíña Fernández, nado na Bandeira (Silleda) o 6 de agosto de 1966, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Manuel Cuíña Fernández | |
---|---|
Nacemento | 6 de agosto de 1966 |
Lugar de nacemento | Silleda |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Transportista autónomo de profesión, no ano 2007 concorreu como número dous na lista do PSdeG de Silleda para as municipais dese ano. Trala vitoria desta formación, sae elixido concelleiro e nomeado tenente alcalde. Desaloxado o goberno socialista do poder no 2009 tras unha moción de censura, foi de novo elixido concelleiro nas municipais de 2011 e tamén primeiro tenente alcalde de Silleda. Logo da dimisión da alcaldesa Paula Fernández, foi elixido alcalde de Silleda o 19 de xullo de 2013 como candidato da lista máis votada[1] e repite mandato tras obter maioría absoluta nas eleccións municipais do 2015[2]. É ademais o actual secretario de organización dos socialistas de Silleda. Volveu ser reelixido alcalde con maioría absoluta nas eleccións municipais do 2019.
Predecesor: Paula Fernández Pena |
Alcalde de Silleda 2013 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
NotasEditar
- ↑ "Manuel Cuiña accede a la Alcaldía y propone a la oposición un acercamiento de programas". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 20 de xullo de 2013.
- ↑ Manuel Cuíña gobernará en Silleda tras el desplome del PP en más de 500 votos Arquivado 09 de outubro de 2016 en Wayback Machine., en Faro de Vigo (25/05/2015) (Consultado o 7/10/2016).