Sociedad Pro-Escuelas en Bandeira
A Sociedad Pro-Escuelas en Bandeira foi unha sociedade de emigrantes galegos do concello de Silleda, fundada en Buenos Aires o 20 de marzo de 1909. Aínda que a súa denominación parece reducila á vila da Bandeira e ao resto da parroquia de Manduas, a creación desta agrupación debeuse tamén a emigrantes doutras parroquias próximas como Cervaña, Chapa, Lamela e Moalde[1].
Sociedad Pro-Escuelas en Bandeira | |
---|---|
Tipo | asociación |
Data de fundación | 20 de marzo de 1909 |
Sede | Buenos Aires |
País | Arxentina |
[ editar datos en Wikidata ] |
Editou en Buenos Aires a revista Fomento de la Instrucción Gallega (1909-1911) e a súa continuadora Lux (1913).
En 1928 comezou a construción da Escuela de Instrucción Primaria y de Comercio na vila da Bandeira, a carón da estrada Santiago-Ourense (N-525), que se inaugurou en 1930 e que estaría activa ata a Guerra civil española. Incautada tralo conflito, funcionou como escola nacional ata 1978, cando regresou ás mans da Sociedad, que a cedeu ao Concello de Silleda. Tras unha rehabilitación na década de 1980, hoxe en día este edificio é usado como local social e casa da cultura, onde ten a súa sede a Asociación Cultural Vista Alegre.
Notas
editar- ↑ Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, “Escuela de Instrucción Primaria y de Comercio”. Un proxecto Innovador da sociedade Pro Escuelas en Bandeira, en Estudios Migratorios nº 4 (Decembro 1997), páx. 117 a 143.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha do edificio na páxina web Bandeira, un pobo encantador
- "Vista Alegre celebra el centenario de la Sociedad Pro Escuelas de Bandeira" Faro de Vigo (20/5/2009) (Consultado o 21/4/2016).
- "Un centro en A Bandeira con raíces bonaerenses" Faro de Vigo (29/09/2015) (Consultado o 21/4/2016).