A Bandeira, Manduas, Silleda
A Bandeira é unha vila da parroquia de Manduas no concello pontevedrés de Silleda. Segundo o IGE[1], en 2015 tiña 757 habitantes (381 homes e 376 mulleres), o que supón un aumento con respecto ao ano 2007, cando tiña 694 habitantes. É o lugar máis poboado de toda a parroquia.
A Bandeira | |
---|---|
![]() Festa da Empanada na Bandeira | |
Parroquia | Manduas |
Concello | Silleda |
Poboación | 757 hab. (2015) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Servizos Editar
É o segundo núcleo urbano en importancia de poboación despois de Silleda, polo que conta cun centro de saúde, un colexio público, un centro cultural, un polideportivo, piscinas públicas, campo de fútbol, campo de petanca, centro social para maiores e mesmo un auditorio.
Historia Editar
A Bandeira é famosa pola súa feira celebrada os días 14 e 29 de cada mes que antigamente atraía a xente de toda a comarca do Deza e das parroquias veciñas do concello da Estrada. Nas últimas décadas tamén pola Festa da Empanada que se celebra na terceira fin de semana do mes de agosto. O seu Entroido co seu Alto dos Xenerais constitúese como a tradición entroideira máis antiga do concello de Silleda xunto cos da zona de Lamela e Dornelas.
Neste lugar naceron o mestre Víctor Fraiz Villanueva, o alcalde de Silleda Manuel Cuíña Fernández e o compositor Sergio Rodríguez Pena.
Cultura Editar
Tamén cabe destacar que nesta vila existen dous grupos de baile, Xirandola e Fortín da Pomba; unha Banda de Música, a Banda Recreativa e Cultural de Bandeira e varias Asociacións: Asociación Cultural Vista Alegre, Sociedad Deportiva, Amigos da Empanada, Xenerais do Antroido, ANPA Brincadeira, Asociación de Veciños, Club Petanca.
Patrimonio Editar
O Centro Cultural Vista Alegre é un dos edificios máis emblemáticos da Bandeira. Construído por emigrantes de Bos Aires organizados na Sociedad Pro-Escuelas en Bandeira, comezou sendo unha escola e biblioteca. Hoxe, ademais de contar coa biblioteca -reinaugurada en democracia despois da queima dos fondos en 1936 polos fascistas-, constitúe o local social dun amplo abano de diversas asociacións que desempeñan nel unha boa parte das súas actividades.
Galería de imaxes Editar
-
Centro Cultural Vista Alegre.
-
Placa da Sociedad Pro Escuelas en Bandeira.
Lugares e parroquias Editar
Lugares de Manduas Editar
Lugares da parroquia de Manduas no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
Andamollo | A Bandeira | Bravil | A Calzada | O Castro | Crestelle | A Devesa | Ferrozos | Letros | Lourás | Medelo | A Moa | Outeiro | Quintela | San Tirso | Vilaverde | A Viña |
Parroquias de Silleda Editar
Notas Editar
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 29 de abril de 2021.