Víctor Fraiz Villanueva
Víctor Manuel Fraiz Villanueva, nado na Bandeira (Silleda) o 26 de marzo de 1887 e finado en Vigo o 14 de setembro de 1937, foi un mestre e sindicalista galego.
Víctor Fraiz Villanueva | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 26 de marzo de 1887 |
Lugar de nacemento | A Bandeira |
Falecemento | 14 de setembro de 1937 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | sindicalista e mestre |
Cónxuxe | Placeres Castellanos |
Fillos | Víctor Fraiz Castellanos |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo do mestre Salustiano Fraiz Andón e de Manuela Villanueva Mosquera e sobriño do tamén mestre Vicente Fraiz Andón. Pasou unha larga tempada en Cuba co seu tío, e ao regreso a Galicia estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Exerceu como mestre nas escolas de Ponte Caldelas, onde fundou e dirixiu o periódico El Heraldo de Puente-Caldelas e organizou os exploradores, Vilaza (Gondomar) e Coia.
Membro do PCE, foi secretario fundador de FETE-UGT. Dirixiu a revista Nueva Galicia de Vigo (1927) e colaborou en publicacións como Escuela Vivida, Escuela del Trabajo de Ourense e El Pueblo Gallego. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 tivo que fuxir ao monte, e pasou a Portugal. En represalia detiveron o seu fillo Víctor, e internárono no campo de concentración de San Simón, pero foi finalmente asasinado en novembro de 1936. Os seus fillos Vicente e Ramón tamén foron detidos. Victor Fraiz decidiu entregarse a cambio de que os liberaran e dun xuízo xusto. Pero foi encarcerado e xulgado en Vigo por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado no monte do Castro o 14 de setembro de 1937.
ObrasEditar
- Manual del turista. Guía de Vigo, 1926.
Vida persoalEditar
Casou con Placeres Castellanos Pan, coa que tivo sete fillos: Milagros, Salustiano, Consuelo, Víctor, Vicente, Ramón e Manuel.
RecoñecementosEditar
O acceso ao CEIP da Bandeira pasou a chamarse Rúa Víctor Fraiz Villanueva no 2009[1].
NotasEditar
- ↑ El callejero de Silleda modifica el nombre de 10 rúas y bautiza a otras 6 en Faro de Vigo (26/9/2009) (Consultado o 23/11/2016).
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Garrido Moreira, Emilio (2002). Víctor Fraiz: Vida e asasinato dun mestre exemplar. Santiago de Compostela: Fundación Luis Tilve. ISBN 978-84-95773-01-2.
- Garrido Moreira, Emilio (2007). "Víctor Fraiz: A rebelión silandeira das tumbas dos mártires" (PDF). Claridade (Fundación Luís Tilve). setembro (Especial homenaxe): 81–86. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de marzo de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2021.