Sergio Rodríguez Pena
Sergio Rodríguez Pena, nado na Bandeira (Silleda) no 2000, é un compositor galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2000 (24/25 anos) A Bandeira, España |
Actividade | |
Ocupación | compositor |
Traxectoria
editarSergio Rodríguez é oboísta e compositor. As súas obras e arranxos foron publicadas por editoriais como Dos Acordes, Asociación Nacial de Directores de Banda, Asociación de Fagotistas e Oboístas de España ou Baton Music. Ademais, as súas composicións e adaptacións foron estreadas e tocadas en diferentes puntos de Europa e América, como Alemaña, Arxentina, Bélxica, Colombia, Estados Unidos, México ou Países Baixos. Gañou diferentes premios, como o primeiro premio no V Concurso Sintonía Romántica convocado polo IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín para alumnos de secundaria e bacharelato de toda España e o premio ex aequo no I Premio de Composición musical da Universidade de Santiago de Compostela pola súa obra Inferno, reflexión da Divina Comedia de Dante Alighieri[2] no ano 2017, o premio de finalista na sección primeira do XV Concurso Galego de Composición pola obra Sinfonietta No. 1 «Jakobsland» no 2022[3], o primeiro premio na sección de dificultade media no XVI Concurso Galego de Composición pola obra Unha rapsodia galega no ano 2023[4] e o primeiro premio na sección de banda de iniciación no XVII Concurso Galego de Composición pola obra A miña primeira rapsodia no ano 2024[5], estes tres últimos concursos organizados pola Federación Galega de Bandas de Música Populares. Desde o ano 2017 forma parte da Asociación Galega de Compositores[6].
Obras
editarUnha escolma das obras do autor:
- Seis cadros para óboe só (2016)
- Xanxo - Pasodobre (2016)
- Zaizan - Pasodobre (2016)
- Rosalía - Muiñeira (Composta con Xanxo Rei) [2016/Rev. 2018]
- Capriccio Galaico (2016)
- Sonata DasRodriguez - para dúas frautas traveseiras (2016/2017)
- Alén, dous breves episodios sinfónicos (2017)
- Inferno - reflexión sobre a Divina Comedia de Dante Alighieri (2017)
- Escuadrian Overture (2017)
- Muiñeira da Empanada (2017)
- Ara Solis - para óboe solista e cuarteto de clarinetes (2017)
- Poemas para Neira Vilas - para frauta e dous clarinetes (2017)
- Samhain - Poema Sinfónico (2018)
- Icía Rial - Pasodobre (2018)
- Tres Imaxes para Fagot (2020)
- Somos - para cuarteto de saxofóns (2020)
- Navia Rial - Pasodobre (2021)
- Sinfonietta No. 1 «Jakobsland» (2019/2022)
- Tres Pezas para Saxofón Alto (2021/2022)
- Elexía á morte do amor - para óboe e piano (2022)
- Himno da Empanada - para banda, gaita e coro SATB (2023)
- Imatges - homenatge a Joaquín Sorolla (2023)
- Unha rapsodia galega (2023)
- A miña primeira rapsodia (2024)
Notas
editar- ↑ Rodríguez Pena, Sergio. "Páxina dentro da web da AGC".
- ↑ "I Premio de Composición Musical". Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela. 2017-05-23. Consultado o 2023-11-24.
- ↑ Sabucedo, Iván Estévez. "Histórico de premios do Concurso Galego de Composición". FGBMP. Consultado o 2023-11-24.
- ↑ "XVI Concurso Galego de Composición". FGBMP. Consultado o 2023-11-24.
- ↑ "XVII Concurso (2024) – FGBMP". FGBMP. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ "Asociación Galega de Compositores". www.asociaciongalegadecompositores.com. Consultado o 2023-11-24.