Buenos Aires

capital da República Arxentina
(Redirección desde «Bos Aires, Arxentina»)

Buenos Aires[1], ás veces escrito en galego Bos Aires[2][3][4][5][6], é a capital da Arxentina. Os seus habitantes denomínanse porteños. A cidade atópase situada na beira dereita do esteiro do río da Prata, fronte á cidade uruguaia de Colonia del Sacramento. É, principalmente, unha cidade de servizos.

Modelo:Xeografía políticaBuenos Aires
Ciudad Autónoma de Buenos Aires (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

AlcumeLa reina del Plata e Baires Editar o valor en Wikidata
EpónimoOur Lady of Bonaria (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 34°35′59″S 58°22′55″O / -34.5997, -58.3819
EstadoArxentina Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación3.121.707 (2022) Editar o valor en Wikidata (15.355,17 hab./km²)
Lingua usadalingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie203,3 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío da Prata Editar o valor en Wikidata
Altitude25 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación11 de xuño de 1580 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
11 de xuño de 1580Q116925250 Traducir
6 de decembro de 1852Siege of Buenos Aires (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Chief of Government of the Autonomous City of Buenos Aires (en) Traducir Editar o valor en WikidataJorge Macri (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoLegislatura da Cidade de Buenos Aires (pt) Traducir , (Escano: 60) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postalC1000-14xx Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico011 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2AR-C Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webbuenosaires.gob.ar Editar o valor en Wikidata
Facebook: GCBA Twitter: gcba Instagram: buenosaires Youtube: UCwYRZPm7bDSNK4FgjdBJU4g BNE: XX93576 Editar o valor en Wikidata

Toponimia

editar

Na primeira fundación, o 2 ou 3 de febreiro de 1536, Pedro de Mendoza chamou ao lugar Real de Nuestra Señora Santa María del Buen Ayre para cumprir a promesa que fixera á Padroa dos Navegantes, que se achaba na Confraría dos Mareantes de Triana e da que el era membro. En efecto, “Buen Ayre”, a castelanización do nome da Virxe de Bonaria, é dicir da Virxe da Candeloria, a quen os pais mercedarios levantaran un santuario para os navegantes en Cagliari[7], Sardeña, e que era venerada tamén polos navegantes de Cádiz.

Juan de Garay refundou a cidade o 11 de xuño de 1580 e deulle ao novo asentamento o nome de Ciudad de la Santísima Trinidad. A razón sería que a festividade importante máis próxima á data sería á da Trindade ou, segundo algúns historiadores, porque a nave ancorou o día de dita festividade. Pero ao porto deulle o nome de Puerto de Santa María de los Buenos Ayres.[7][8] Porén, os designios de Garay non tiveron éxito xa que, a pesar de que xamais houbo disposición oficial algunha que cambiase o nome, o uso inapelable desde o primeiro momento do nome de Buenos Aires para nomear a cidade consagrouno como tal.[9][10][11]

Na Arxentina acostuman referirse a ela con distintas denominacións. O nome de Capital Federal é un dos máis utilizados, en alusión á condición de distrito independente que adquiriu coa lei de federalización que promulgara Julio Argentino Roca. Moitas veces tamén se usa a expresión "Ciudad de Buenos Aires", ou sinxelamente "Buenos Aires", aínda que esta última préstase a confusión coa provincia homónima.

Ciudad Autónoma de Buenos Aires é unha das denominacións que oficialmente lle deu a Constitución da cidade, sancionada en 1996. É por iso que tamén se adoita empregar a abreviatura CABA para mencionala, xunto coa clásica BBAA. Informalmente é habitual chamarlle Baires, apócope da forma orixinal, común dentro da cidade mais pouco usada no resto do país. Poeticamente atribuíronselle numerosos nomes, coma a París do sur pola súa beleza arquitectónica e o seu carácter cultural, ou a Cabeza de Goliat, segundo un ensaio de Ezequiel Martínez Estrada, en alusión ao seu tamaño e influencia desproporcionada sobre o resto do país, ou, en razón da súa localización e prestixio, a Raíña do Prata.

Historia

editar
Artigo principal: Historia de Buenos Aires.

A primeira incursión no río da Prata fíxoa o 2 de febreiro de 1516 Juan Díaz de Solís con resultados catastróficos, pois foron atacados polos habitantes do lugar causándolles moitas mortes, entre elas a do propio Solís.[7]

Buenos Aires foi fundada por primeira vez o 2 ou 3 de febreiro de 1536 polo español Pedro de Mendoza, baixo o nome de Nuestra señora del Buen Ayre, (Nosa señora do Bo Aire). A cidade foi abandonada e esnaquizada polos indios en 1541, e refundada o 11 de xuño de 1580 por Juan de Garay co nome de Ciudad de La Santísima Trinidad y Puerto de Santa María del Buen Ayre (Cidade da Santísima Trindade e Porto de Santa María do Bo Aire).

Trala súa segunda fundación Buenos Aires tivo un escaso desenvolvemento ata que en 1776 foi nomeada capital do Vicerreinado do Río da Prata. Dende ese momento comezou a evolucionar rapidamente debido ao empurre comercial que a beneficiou, principalmente grazas ao contrabando, desenvolvéndose non só economicamente senón tamén culturalmente. A chegada de ideas liberais e fundamentalmente a ocupación de España polo exército napoleónico, permitiu a creación de movementos emancipadores, que desataron en 1810 a Revolución de Maio e a creación do primeiro goberno patrio.

Durante o longo proceso que levou á creación do Estado Nacional Arxentino, Buenos Aires foi elixida lugar de residencia do Goberno Nacional, aínda que este carecía de autoridade administrativa sobre a cidade, que formaba parte da provincia de Buenos Aires. A necesidade do goberno nacional de federaliza-la, sumada ao movemento de tropas ordenado polo gobernador da provincia, Carlos Tejedor, produciu en 1880 unha serie de enfrontamentos que rematarían coa derrota da provincia de Buenos Aires e a federalización da cidade. Posteriormente, a Provincia de Buenos Aires cedeu os partidos de Flores e Belgrano, os cales foron anexados ao territorio da Capital Federal. A cambio diso, a Provincia de Buenos Aires recibiu unha compensación económica.

En 1882 o Congreso Nacional creou as figuras do intendente e o Concello Deliberante da Cidade. O intendente non era elixido polo voto popular, senón que era designado polo Presidente da Nación en conformidade co Senado. O primeiro en exercer o novo cargo foi Torcuato de Alvear, designado en 1883 por Julio A. Roca.

Cara finais do século XIX e comezos do século XX a cidade sufriu unha transformación importante; a prosperidade económica que atravesaba o país sumada ás preparacións para o I Centenario que se celebraría en 1910 permitiron que a infraestrutura urbana se desenvolvese. Isto incluíu non só a construción de novos edificios, prazas e monumentos, senón tamén un melloramento xeral nos servizos públicos que lle permitiu contar en 1913 co primeiro metro de Iberoamérica.

Durante o século XX a cidade experimentou un gran crecemento demográfico que a situou entre as maiores cidades da Terra, non só a nivel demográfico, senón tamén artístico, cultural e económico.

Trala Reforma da Constitución Arxentina de 1994 a cidade puido contar coa súa propia Constitución e cun goberno autónomo de elección directa. O 30 de xuño de 1996 celebráronse as eleccións que designarían ao Xefe de Goberno da Cidade, así como aos lexisladores que sancionarían a Constitución da Cidade. Nas eleccións do Poder Executivo resultou gañadora a fórmula da Alianza para a Xustiza, o Traballo e a Educación de Fernando de la Rúa, converténdose deste xeito no primeiro Xefe de Goberno. Tras dous meses de deliberacións, a Convención Constituínte finalmente sancionou o 1 de outubro de 1996 a Constitución da Cidade de Buenos Aires.

No ano 2003 foi promulgada a Unión Civil[12], tanto para as parellas homosexuais como para as heterosexuais, converténdose na primeira cidade en América Latina en oficializar devanditas unións.

Galegos en Buenos Aires

editar

Buenos Aires foi cidade de acollida para numerosos galegos na emigración ou o desterro a partir do desenvolvemento que levou a cidade de ter uns 55 000 habitantes en 1855 a millón e medio en 1885[13]. Na realidade, é a cidade do planeta con máis habitantes galegos. É coñecido o seu Centro Gallego pola súa enorme influencia e instalacións (editorial, centro cultural, hospital,...) que tivo unha importancia básica na sociedade arxentina do século XX (máis aínda cando foi o corralito no 2001).

 
Gran Buenos Aires.

Xeografía

editar

A cidade de Buenos Aires atópase no hemisferio sur a 34º 36' de latitude e 58º 26' de lonxitude. A cidade autónoma (tamén coñecida como Capital Federal) esténdese sobre un terreo chairo con 19,4 km de norte a sur e 17,9 km de leste a oeste. Na súa superficie de 202 km² vivían, en 2009, 3 120 435 habitantes. No entanto, cando se examina súa rexión metropolitana (a chamada Gran Buenos Aires), a superficie atinxe 3880 km² e a poboación chega aos 13 millóns de habitantes, converténdoa nunha das cidades máis populosas do mundo e a segunda na América do Sur, despois de São Paulo, no Brasil.

Na marxe oposta do Río da Prata, atópase a cidade uruguaia de Colonia del Sacramento. Buenos Aires lígase a Colonia e a Montevideo por barco (que cobre a ruta Buenos Aires-Montevideo en pouco máis de tres horas, e Buenos Aires-Colonia en cerca dunha hora). O Río da Prata (Río de la Plata) e mailo Riachuelo forman os límites naturais da Cidade Autónoma de Buenos Aires ao leste e ao sur. O resto do seu perímetro está demarcado pola Avenida General Paz, que circunvala a cidade de norte a oeste. Esta avenida liga de forma rápida a cidade coa Gran Buenos Aires, unha rexión de alta concentración de habitantes e forte actividade comercial e industrial.

O clima da cidade é temperado oceánico (ameno durante todo o ano). As temperaturas medias anuais son de 18 °C. No inverno a temperatura pode caer a 3 °C, en canto no verán, húmido, a temperatura media é de 28 °C. Só unha vez na súa historia, en 1918, rexistrouse caída de neve.

  Parámetros climáticos medios de Buenos Aires  
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima media (°C) 29 27 26 22 18 15 14 16 18 21 24 27
21
Temperatura mínima media (°C) 17 17 15 11 8 5 5 6 7 10 12 16
11
Precipitacións (cm) 10 10 10 8 7 5 5 6 10 9 8 16
97
Fonte: Weatherbase 2011

Demografía

editar

Os habitantes de Buenos Aires son coñecidos como porteños (xente do porto), isto é debido á grande importancia que tivo o porto da cidade no desenvolvemento da cidade e da nación. Os habitantes da provincia de Buenos Aires (ás veces excluíndo os arrabais da cidade) son coñecidos como bonaerenses.

Censo de poboación

editar
 
Crecemento de poboación dende 1740.

Segundo o censo do 2002, a cidade ten unha poboación de 2 768 772, mentres que a área metropolitana do Gran Buenos Aires ten unha poboación de 13 millóns de habitantes (censo do 2001). A poboación da cidade atópase estancada dende 1960, debido as baixas taxas de natalidade e á pouca emigración á cidade.

A maioría dos porteños teñen orixe europea, sendo maioría os descendentes de españois e italianos, destacando os descendentes dos galegos, asturianos, e vascos entre os españois, e os calabreses, lingurianos, piemonteses, lombardos e napolitanos entre os italianos.

Entre as outras orixes europeas destacan os alemáns, portugueses, polacos, irlandeses, rusos, franceses, croatas, ingleses e galeses. Dende a década dos anos 90 produciuse unha pequena onda migratoria proveniente da Ucraína e da Romanía.

Na cidade existe unha pequena minoría de orixe crioulla, orixinaria do período imperial español. A poboación crioula e mestiza incrementouse nas últimas décadas grazas á emigración, principalmente das provincias e dos países veciños (Bolivia, o Perú e Paraguai).

Dende comezos do século XX, estableceuse na cidade unha importante comunidade árabe, formada principalmente por sirios, libaneses e armenios.

A comunidade xudía do Gran Buenos Aires está formada por uns 250.000 membros, e constitúe a maior da Latinoamérica. A maioría son de orixe Asquenací, provenientes de Alemaña e Rusia. Destaca tamén a pequena comunidade xudía de orixe sefardí, formada principalmente por xudeus de orixe siria.

A comunidade asiática de Buenos Aires ten a súa orixe no Xapón, destacando a rexión de Okinawa como emisora de emigrantes. Dende a década dos 70 produciuse un importante fluxo migratorio dende China e Corea.

Relixión

editar

A maioría dos habitantes de Buenos Aires son católicos. Destacan tamén as comunidades ortodoxas e anglicanas. A partir da década dos 80 produciuse un importante crecemento da Igrexa Evanxélica.

A cidade tamén conta con importantes comunidades xudías e islámicas dende fai máis dun século.

Economía

editar
 
A Torre BankBoston, inaugurada no 2001.

No 2004 o Produto Interior Bruto (PIB) da cidade de Buenos Aires foi de aproximadamente $100.455 billóns[14], o que equivale a $36.185 per capita. Os ingresos superiores aos 10.000 dólares per capita triplica a media nacional, o que converte á cidade nunha das de maiores ingresos per capita da América Latina.

O principal sector económico de Buenos Aires é o sector Servizos, o cal representa o 73% do PIB da cidade, superando o 66% da media nacional. Dentro do sector servizos o sector de maior importancia é o de servizos inmobiliarios, empresariais e de alugueiro, sector que xera 17.195 billóns de pesos.

Dentro do sector servizos, o segundo maior sector en importancia son os servizos financeiros, xerando 12.622 billóns de pesos. A cidade xera o 67% do valor engadido deste sector a nivel nacional, concentrando o 53% dos depósitos e o 68% dos emprestamos.

A industria representa o 20% do PIB, xerando 20.308 billóns de pesos. O desenvolvemento dos sectores produtores de bens é elevado dende a saída da convertibilidade. No 2004 o sector tivo un crecemento do 21%, mentres o sector servizos medrou un 19%.

No ano 2004, o PIB da cidade medrou un 8,5% en relación ao ano 2003[15], sendo a construción o sector de maior crecemento (un 50%), seguido da Electricidade, o Gas e a Auga (25,7%) e os Servizos de Transporte (18,7%). Con todo, o sector dos servizos financeiros caeu un 8%, acumulando unha caída do 44% dende o 2001.

Nos últimos anos, Buenos Aires vén de converterse nun polo turístico, en especial grazas á desvarolización do peso o cal orixinou unha acentuada baixada dos custos para os visitantes estranxeiros. Entre o ano 2002 e 2004, a cantidade de establecementos hoteleiros medrou un 10,7%, mentres que a taxa de habitacións ocupadas sufriu un crecemento do 42,9%.[16]

Turismo

editar

A cidade conta co Aeroporto Internacional de Ezeiza (situado a 35 km da cidade) e cun aeroporto doméstico, o Aeroparque Jorge Newbery. Conta co terminal viario de Retiro, de onde parten e chegan liñas de autobús para todas as rexións do país e para cidades de Chile, o Perú, Bolivia, Paraguai, o Uruguai e o Brasil. Conta tamén con ferry-boats que a conectan coas cidades de Colonia del Sacramento, Montevideo e Piriápolis, no veciño Uruguai. Fica a 1630 km ao norte doutro importante destino turístico arxentino, a cidade de Bariloche.

Monumentos e lugares de interese

editar
 
Casa Rosada.
 
Teatro Colón de Buenos Aires.
 
Congreso da Nación.
  • Centro
    • Cabido Histórico
    • Casa Rosada
    • Catedral Metropolitana
    • Congreso Nacional
    • Palacio Municipal
    • Plaza de Mayo (onde fica a Casa Rosada e maila Catedral)
    • Puente de la Mujer (ponte móbel situada en Puerto Madero)
    • Puerto Madero (e os seus cafés e restaurantes)
    • Manzana de las Luces
    • Obelisco
    • Reserva Ecolóxica Costanera Sur (próxima a Puerto Madero)
    • Teatro Colón
  • Barrio Norte
    • Biblioteca Nacional
    • Cemiterio da Recoleta
    • MALBA (Museo de Arte Latinoamericano de Buenos Aires)
    • Museo Nacional de Bellas Artes
    • Praza Francia
  • Barrio de Palermo
    • Parque Tres de Febrero
    • Jardín Japonés
    • Planetario
    • Jardín Botánico
    • Barrio de La Boca
    • Caminito
    • Estadio de fútbol do Boca Juniors
    • Museo Histórico Nacional
  • Barrio de Mataderos
    • Feira de artesanía e tradicións arxentinas
  • Barrio de San Telmo
    • La Casa Mínima
    • Praza Dorrego
    • Museo Nacional de Arte Decorativa

Cidades irmás

editar

A Cidade de Buenos Aires ao longo da súa historia irmandouse con cidades de varios continentes, ademais dalgunhas comunidades autónomas e rexións.[17]

Cidades irmás de Buenos Aires
Rexións, estados e comunidades autónomas irmandadas coa cidade de Buenos Aires:

Galería de imaxes

editar
  1. Santa María, Inés e Massó, Noé (2009). "Buenos Aires". Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 178 D2. ISBN 978-84-8289-328-0. : O atlas da "Buenos Aires" para a cidade e "Bos Aires" para a provincia.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 106. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. "Bos Aires". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 
  4. "Bos Aires". Enciclopedia Galega Universal 3. Ir Indo. 1999-2002. p. 468-471. ISBN 84-7680-288-9. 
  5. "Bos Aires". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 343. 
  6. "Bos Aires". Diccionario enciclopédico galego universal 10. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 47-48. ISBN 84-7680-429-6. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Gobierno de la Ciudad de Buenos Aires (ed.). "Calendario histórico" (en castelán). pp. 2 de febrero, 11 de junio. Consultado o 1 de setembro de 2015. 
  8. Levene, Ricardo; Levene, Ricardo (fillo). Ministerio de Cultura de Buenos Aires, ed. Historia Argentina y Americana (en castelán). ISBN 950-00-8400-7. 
  9. Casella de Calderón, Elisa, ed. (1993). "Buenos Aires nos cuenta" (en castelán) (3 (5ª ed.)). 
  10. Casella de Calderón, Elisa, ed. (1991). "Buenos Aires nos cuenta" (en castelán) (15 (3ª ed.)). 
  11. Luqui Lagleyze, Julio A. (1994). Buenos Aires, sencilla historia: La trinidad (en castelán). Librerías Turísticas. 
  12. Véxase Ley 1004 Arquivado 18 de marzo de 2005 en Wayback Machine.
  13. Fernández Vizoso, Martín (8 de agosto de 2016). "La finca de 47.000 hectáreas de Murias y otros prodigios de la emigración". Consultado o 8 de agosto de 2016. 
  14. A prezos básicos, Dirección General de Estadísticas e Censos. Informe de Resultados Nº245 Arquivado 04 de outubro de 2012 en Wayback Machine..
  15. A prezos constantes de 1993.
  16. Enquisa de Ocupación Hoteleira (EOH), Dirección Xeral de Estatística e Censos (G.C.B.A.) e Secretaría de Turismo da Cidade de Buenos Aires.
  17. "Lista de irmanamentos e convenios" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de xuño de 2006. Consultado o 27 de xuño de 2006. 
  18. "Sister Cities". Beijing Municipal Government. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 23 de xuño de 2009. 
  19. "Ley Nº 682" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de febreiro de 2008. Consultado o 26 de febreiro de 2008. 
  20. "Mapa Mundi de las ciudades hermanadas". Concello de Madrid. Ayuntamiento de Madrid. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2012. Consultado o 22 de xullo de 2009. 
  21. 21,0 21,1 "International Relations – São Paulo City Hall – Official Sister Cities". Prefeitura.sp.gov.br. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2010. Consultado o 2 de maio de 2012. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Ciudad de Buenos Aires: de la fundación a la participación ciudadana (en castelán). Subsecretaría de Comunicación Social. 2004, Buenos Aires, Arxentina.
  • Nuevo Atlas de la Argentina (en castelán). Arte Gráfico Editorial Argentino. 1994, Buenos Aires, Arxentina. ISBN 84-605-1115-4
  • Temas de Patrimonio Cultural, Volume 2: Patrimonio e Identidad Cultural,(castelán). Comisión para la Preservación del Patrimonio Histórico Cultural de la Ciudad de Buenos Aires. 2000, Buenos Aires, Arxentina. ISBN 987-97845-8-8
  • Félix Luna, Breve historia de los argentinos (en castelán). 1997. Ed. Planeta, ISBN 950-742-811-9
  • Anuario Estadístico 2004 (en castelán). Goberno da Cidade de Buenos Aires. 2005. Versión en liña
  • Cerruti, Marcela. La migración peruana a la Ciudad de Buenos Aires: su evolución y características (en castelán). Revista Semestral de Datos y Estudios Demográficos (Ano 2, Número 2), Secretaría de Hacienda y Finanzas. 2005, Buenos Aires, Arxentina. ISSN 1668-5458

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar