Santa Cruz de la Palma

Coordenadas: 28°41′N 17°46′O / 28.683, -17.767

Santa Cruz de la Palma é un concello español, capital da illa de La Palma, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, nas Canarias.

Santa Cruz de la Palma
Localización
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCanarias Canarias
Provincia Santa Cruz de Tenerife
Illa La Palma
Xeografía
Altitude4 msnm
Superficie43,38 km²
Demografía
Poboación16.924 hab. (2011)
Densidade390,13 hab/km²
Xentiliciosantacrucero, ra
Outros datos
Código postal38700
AlcaldeSergio Matos Castro (PSOE)
www.santacruzdelapalma.es

Foi fundada o 3 de maio de 1493 co nome de Villa de Apurón sobre unha praia situada nunha baía que facía de porto natural. Posteriormente, e xa como Santa Cruz de la Palma, o rei Filipe II concederíalle o título de Moi Nobre e Leal. No seu termo municipal atópase o Real Santuario da nosa Señora a Virxe das Neves, patroa da illa de La Palma.

Xeografía Editar

 
Concello e Praza de España

A cidade atópase situada na vertente oriental da illa de La Palma, de cuxo Cabido é capital, entre o Risco da Concepción, no bordo da Caldereta (antiga caldeira volcánica), e o Barranco Seco. Parte da cidade e o porto sitúanse sobre o antigo derramo da lava da Caldereta, arrefriada bruscamente ao romper a parte da parede que queda cara ao nordés, co que a lava chegou rapidamente ao mar onde formou unha coada basáltica. Goza durante todo o ano dun clima suave aínda que é habitual que o seu ceo estea cuberto por nubes debido á influencia dos ventos alisios procedentes do Océano Atlántico. O seu código postal é 38700.

O municipio ten unha extensión de 43,38 km², con 4,03 km de Lonxitude de costa e unha poboación de 17.353 habitantes (INE, xaneiro 2007), dos cales 15.000 residen na cidade e os demais nos barrios periféricos. O núcleo urbano atópase ao nivel do mar, pero o territorio municipal esténdese ata os 1.800 m de altitude.

Barrios Editar

Os principais barrios son:

  • O centro urbano, cos pequenos barrios de: La Luz, San Telmo, San Sebastián, El Puente, Benahoare, La Alameda, La Calle Real, El Pilar e El Marquito.
  • Na periferia atópanse os barrios de Calsinas, Velhoco, Las Nieves, La Dehesa, La Encarnación, El Planto, El Carmen e Mirca (neste último atópase o vertedoiro insular de lixos, a espera da construción do complexo ambiental en Mazo.

Economía Editar

O porto da cidade é o único porto de pasaxeiros e mercancías da illa, e mantén conexións regulares cos portos de Cádiz, Los Cristianos (Tenerife), Santa Cruz de Tenerife, As Palmas de Gran Canaria e Arrecife. A pesar dos obstáculos orixinados pola topografía, as vías de comunicación co resto dos municipios da illa son bastante boas, sobre todo logo das melloras realizadas nas últimas décadas: non debemos esquecer que, aínda que de menor poboación que Los Llanos de Aridane, Santa Cruz de la Palma ten unha próspera economía cun comercio moi importante por ser a vía de entrada á importación así como a de saída dos produtos de exportación de toda a illa. Desde o sur da cidade chégase rapidamente ao Aeroporto de Mazo a través dunha autoestrada cuxo lado oeste (o que sae cara ao aeroporto) abriuse a través dun túnel que corta unha das paredes da Caldereta. E ao final do porto comeza a zona comercial da cidade, composta por dúas rúas paralelas á liña da costa e que viría terminar na Avenida de El Puente unha e na praza de La Alameda a outra.

 
Panorámica da cidade

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar