Basilicata
Basilicata, tamén chamada Lucania, é unha rexión da Italia meridional con preto de 600 000 habitantes. A capital da rexión é Potenza. Basilicata limita ao sueste co mar Xónico (Golfo de Taranto), ao leste coa Puglia, ao oeste coa Campania, ao suroeste co mar Tirreno e ao sur coa Calabria. As cidades principais son Potenza, e Matera (capital da súa provincia), Pisticci, Melfi e Policoro.
Basilicata | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Potenza | ||
• Poboación | 68 636 (2008) | ||
Lingua oficial | Italiano | ||
Forma de goberno | Rexión | ||
Presidente | Vito De Filippo (PD) | ||
Reino de Italia | 1860 | ||
Superficie | Posto 14º | ||
• Total | 9 992 km² | ||
Poboación | Posto 18º | ||
• Total | 590 748 hab. | ||
• Densidade | 59,1 hab./km² | ||
Fuso horario | UTC+1 | ||
• Horario de verán | UTC+2 | ||
Dominio de Internet | .it | ||
Código ISO | n/d | ||
XeografíaEditar
O territorio de Basilicata é sobre todo montañoso (46,8%). O cumios principais do Apenino Lucano son: Pollino (2248 m), Sirino (2007 m), Papa (2000 m), Volturino (1836 m) e Serranetta (1472 m). Na área norteoccidental da rexión áchase un volcán inactivo, o monte Vulture. Os outeiros ocupan o 45,13% e as chairas só o 1,8%, e entre elas a maior é a chaira de Metaponto que ocupa a parte meridional da rexión, ao longo da costa xónica. Os ríos lucanos son torrenteiras, entre a que destaca o Bradano, o Basento, o Agri, o Sinni e o Cavone. Entre os lagos e encoros, o de Monticchio ten orixe volcánica, mentres que os de Pietra del Pertusillo, San Giulano e Monte Cotugno son artificiais, construídos para consumo humano e regadíos. As costas do litoral xónico son baixas e areosas, mentres as do litoral tirrénico son altas e rochosas. O clima é de tipo mediterráneo nas costas e continental nas zonas de montaña.
PoboaciónEditar
A Basilicata divídese en dúas provincias: Potenza e Matera. Os principais núcleos de poboación da Basilicata son:
Posición | Concello | Poboación |
---|---|---|
1° | Potenza | 68 252 |
2° | Matera | 59 738 |
3° | Pisticci (Mt) | 17 810 |
4° | Melfi (Pz) | 17 191 |
5° | Policoro (Mt) | 15 653 |
6° | Lavello (Pz) | 13 672 |
7° | Lauria (Pz) | 13 561 |
8° | Rionero in Vulture (Pz) | 13 413 |
9° | Bernalda (Mt) | 12 183 |
10° | Venosa (Pz) | 12 093 |
11° | Avigliano(Pz) | 12 055 |
12° | Montescaglioso (Mt) | 10 043 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Basilicata |