Chámaselle Iberoamérica ós países de América que formaron parte dos imperios español e portugués. Está conformado por Brasil xunto con tódolos países de Hispanoamérica. Estes territorios comprenden case a totalidade do continente americano (de onde habería que exceptuar Canadá, EEUU, Belize, Suriname e a Güiana francesa) e inclúen tamén Cuba, a República Dominicana e Porto Rico.

Estados de Iberoamérica en azul.
Cume Iberoamericano do 2007.

Precisións xeográficas

editar

A pesar de que unha parte importante do territorio dos Estado Unidos formou parte do Imperio español o posteriormente do México independente, como a Luisiana, Florida ou os estados do suroeste e do oeste, non se considera este país como parte de Iberoamérica debido a que as súas orixes histórico-culturais non son hispánicas.

Superficie

editar
Orde País km2[1]
1   Brasil 8 514 877
2   Arxentina 2 780 400
3   México 1 964 375
4   Perú 1 285 216
5   Colombia 1 138 914
6   Bolivia 1 098 581
7   Venezuela 916 445
8   Chile 756 102
9   Paraguai 406 752
10   Ecuador 283 561
11   Uruguai 176 215
12   Nicaragua 130 370
13   Honduras 112 090
14   Cuba 110 860
15   Guatemala 108 889
16   Panamá 75 420
17   Costa Rica 51 100
18   República Dominicana 48 670
19   O Salvador 21 041
20   Porto Rico 13 790
Total 19 993 668 km2

Poboación

editar
Orde País Habitantes[2]
1   Brasil 201 032 714
2   México 118 395 054
3   Colombia 47 391 000
4   Arxentina 41 660 417
5   Venezuela 32 457 121
6   Perú 30 475 144
7   Chile 17 216 945
8   Ecuador 15 644 300
9   Guatemala 15 438 384
10   Cuba 11 167 325
11   Bolivia 10 027 254
12   República Dominicana 10 219 630
13   Honduras 8 555 072
14   Paraguai 6 783 374
15   O Salvador 6 340 000
16   Nicaragua 6 071 045
17   Costa Rica 4 667 096
18   Porto Rico 3 667 084
19   Panamá 3 559 408
20   Uruguai 3 324 460
Total 584 890 993

Cume Iberoamericano

editar
 
Países que participan no Cume Iberoamericano.      Membro de pleno dereito.      Membro europeo de pleno dereito.      Membro asociado.      País que solicitou o ingreso.      Posible membro futuro (Belize).

Dende 1991 vénse realizando anualmente o Cume Iberoamericano. Nesta conferencia participan os dezanove países independentes de Iberoamérica e os tres da Península Ibérica (Andorra, España e Portugal). Bélxica, Filipinas, Francia, Guinea Ecuatorial, Haití, Italia, Marrocos e os Países Baixos participan como membros asociados.

Ademais de Porto Rico, outros países que foron posesións españolas ou portuguesas en África, Asia e Europa, como Angola, Guinea-Bissau, Mozambique, a República Árabe Saharauí Democrática e Timor Leste, solicitaron formar parte do cume.[3]