Festa da empanada da Bandeira
A festa da empanada da Bandeira é unha festa gastronómica celebrada a terceira fin de semana de agosto desde 1974[1] na carballeira da Pomba, na vila da Bandeira (Silleda). Está declarada Festa de interese turístico de Galicia desde o ano 1999.
Festa da empanada da Bandeira | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | festa gastronómica ![]() | ||
Localización | |||
Estado | España | ||
Comunidade autónoma | Galicia | ||
Provincia | provincia de Pontevedra | ||
Concello | Silleda | ||
Parroquia | Manduas | ||
Lugar | A Bandeira ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1974 ![]() | ||
Patrimonio Cultural | |||
Festas de Interese Turístico de Galicia | |||
Contacto | |||
Páxina WEB | festadaempanada.org ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Características
editarCelébrase un concurso con dúas categorías: para particulares e para restaurantes. Un experto xurado proba todas elas para elixir as mellores, valorando non só o sabor senón tamén a presentación. Despois, as empanadas gañadoras póxanse publicamente entre o público asistente á cita gastronómica, chegando a pagarse por unha empanada 2400 €, récord igualado no ano 2022.
Xunto co concurso, a festa da empanada conta cun pregón e unha comida e cea popular amenizadas con charangas, grupos tradicionais e orquestras. Ademais das empanadas e outros manxares, son moi significativos os festivais da empanada: o Esmorga Folk (terceiro venres de agosto) e o Festival Bandeirock (terceiro xoves de agosto).
Notas
editar- ↑ "A empanada da Bandeira". Bandeira.