Fiestras, Silleda
San Martiño de Fiestras é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 127 habitantes (68 mulleres e 59 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 2007 cando tiña 139 habitantes.
Fiestras | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Fiestras. | |
Concello | Silleda[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°40′33″N 8°16′46″O / 42.6757268, -8.2795215 |
Poboación | 95 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA antigüidade da parroquia indícasenos polo seu patrón, San Martiño, e polos nomes de lugares como Recimil ou Aragonza, este último relacionado con Aragonta, raíña de Galicia e da familia dos Condes de Deza no século X. A igrexa de San Martiño de Fiestras data cara ao ano 1170. O mosteiro de Aciveiro exercía sobre estas terras o seu poder, concesión do rei Fernando III en 1232, cunha granxa e paneira presidida pola, aínda hoxe existente, Casa do Convento, tamén coñecida como Casa do Arco, no lugar de Maril.
Da parroquia de Fiestras é o recoñecido pintor José Antonio Fondevila.
Poboación
editarLugares e parroquias
editarLugares de Fiestras
editarLugares da parroquia de Fiestras no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
Aragonza | Barcia | Costoia | Fiestras | Maril | Marín | Recimil | San Martiño | Santo Antonio |