José Antonio Fondevila

pintor galego

José Antonio Fondevila García, nado en Fiestras (Silleda) o 20 de agosto de 1952, é un pintor galego. Actualmente reside en Lalín.

Infotaula de personaJosé Antonio Fondevila
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Fiestras, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Diplomado en 1982 pola Universidade Internacional de Arte de Miami, INTERART, e cunha bolsa da Xunta Central de Información, Turismo e Educación Popular do Ministerio de Información e Turismo, Fondevila foi un pintor autodidacta, en cuxas obras predominan as cores azuis e douradas, cores que plasma en diferentes soportes, entre os que se atopan o táblex, o lenzo tradicional ou incluso o papel.

A súa primeira exposición individual realizouna en 1993 no Museo Ramón María Aller de Lalín. A súa é unha pintura de denuncia[Cómpre referencia], que invita á reflexión, e que non se axusta a cánones predeterminados; porén, podemos apreciar nas súas obras doses de surrealismo, impresionismo e mesmo expresionismo.[Cómpre referencia]

Exposicións e actividades editar


1993:

  • Museo Ramón Mª Aller de Lalín. Colectiva.
  • I Bienal Pintor Laxeiro (Lalín). Colectiva.
  • Concello de Cambados. Colectiva.
  • Casa de Cultura de Chantada. Colectiva.
  • Biblioteca Pública de Lugo. Colectiva.
  • Museo Ramón María Aller de Lalín. Individual.
  • Casa de Cultura de Silleda. Individual.

1994:

1995:

  • Itinerante Dezasete artistas, organizada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Colectiva.
  • Club de Golf Domaio, Moaña. Individual.
  • II Bienal Pintor Laxeiro, Lalín.
  • Galería de Arte Caminhense, Caminha (Portugal). Individual. (Intercambio cultural Luso-Galaico).
  • Cartel da XXI edición da Festa da empanada da Bandeira (Silleda).
  • Galería Ximú de Ourense. Conxunta.
  • VII certame de arte Concello de Tui.

1996:

1997:

  • I Mostra de Artes Plásticas de Silleda. Colectiva.

1998:

  • II Mostra de Artes Plásticas de Silleda, Colectiva.
  • III certame de arte Concello de Burela.
  • Turiarte 1998. Fundación Semana Verde de Galicia.

1999:

  • Colectiva de verán, Lugo.
  • Creart, Semana Verde de Galicia.
  • Cartel da primeira festa do lacón de Silleda. Concello de Silleda.
  • Museo Ramón Mª Aller de Lalín. Un século de Arte en Deza: 1900- 2000. Colectiva.

2000:

  • Individual na Central da Caixa de Aforros Provincial. Pontevedra.
  • Centro Comarcal do Salnés. Colectiva.
  • Concello de Bande. Colectiva.
  • Liceo Casino de Pontevedra. Colectiva.
  • Feira de Artes Plásticas. Renfe (Vigo).
  • Certame Nacional de Pintura El Pincel Verde, Madrid.

2001:

  • Arte Solidaria no Museo Ramón Mª Aller de Lalín. Colectiva.
  • Casa da Cultura do Concello de Rodeiro. Individual.
  • Semana Verde de Galicia, Silleda. Colectiva.
  • Câmara Municipal de Valença do Minho (Portugal). Colectiva.

2002:

  • Colectiva no Museo Manuel Torres de Marín. Fondos dunha década.
  • Individual no castelo de Soutomaior. (Deputación de Pontevedra).
  • Colectiva no Centro Galego de Barcelona.
  • Colectiva no Museo Ramón Mª Aller de Lalín. A favor da Arxentina.
  • Colectiva en Área Panorámica de Tui.
  • Colectiva Veranee con Arte, Pontevedra.
  • VI Mostra de Arte no Liceo Casino de Pontevedra. Colectiva.
  • Nova Arte de Deza, de pintores nados na segunda metade do século XX, Museo Ramón Mª Aller de Lalín. Colectiva.

2003:

  • Itinerante Marea Blanca, a favor dos afectados pola marea negra do Prestige. Colectiva.
  • Colectiva na Sala Lorem de Barrantes (Ribadumia).
  • Colectiva no Centro Cultural do Barco de Valdeorras; organizada polo Instituto de Estudios Valdeorreses e o concello da Rúa.
  • Autor das ilustracións, xunto con outros pintores, como R. Priegue, Cajete, Agra, Deulofeu e Lorem, da obra poética de Mª del Carmen Gago Florenti, Vientos del alma, un caderno monográfico editado polo Instituto de Estudios Valdeorreses.
  • Colectiva Artistas de Deza no castelo de Soutomaior; organizada pola Diputación de Pontevedra.
  • Membro do xurado do certame escolar a nivel autonómico “Pintor Colmeiro".
  • Individual no “Centro de Arte Vicus” (Vigo).
  • Colectiva de pintores galegos na “Sala Cultural Lorem”, Ribadumia.
  • Feira de Arte e decoración “FICOMATIC”, organizada pola fundación “Semana Verde de Galicia”, Silleda.
  • Colectiva no Liceo Casino de Pontevedra.

2004:

2005

  • Colectiva na Galería "Crisolart" (Barcelona) de autores incluídos no libro “ARTISTAS DEL SIGLO XXI”. Editado e presentado por “Ediciones Ecuador”.
  • Colectiva na Galería "Darbey Louise" (Barcelona).
  • Colectiva itinerante “FIRE FAIR 2005” polas principais cidades de Dinamarca. Organizada por “Crisolar Galleríes” de Barcelona.
  • Colectiva no Liceo Casino de Pontevedra.
  • Colectiva “Artistas del siglo XXI” no Centro Cultural García Lorca Del Vendrell (Tarragona).
  • Curso de GRABADO CALCOGRÁFICO Y TÉCNICAS DE ESTAMPACIÓN, impartido por Anne Heyvaert.
  • Individual na Galería "Chroma” de Vigo.
  • Realización da tarxeta de Nadal para o concello de Lalín.
  • Colectiva “Arte Solidario” a favor dos “Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres” na “Galería Chroma” de Vigo.

2006:

  • Holland Art Fair. Feira de Arte a Haia (Países).
  • Colectiva no Centro Cultural da Guarda.
  • Colectiva no Centro Cultural de L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona).
  • Colectiva na Galería "Crisolart” de Barcelona.
  • Participación na VII edición de FAIM (“Feira de Arte Independiente de Madrid”).
  • Participación nos actos de homenaxe a Laxeiro. Pintura ao aire libre.
  • Participación “Puro Arte”, Vigo; con Galería Chroma.
  • Colectiva na sala de exposicións da estación de RENFE de Vigo.

2007:

  • Seleccionado para o IV Salón Internacional de Artes Plásticas (Salón Primavera); organizado por “Ediciones Ecuador 21”, S.L. e o concello de St. Jaume de Llierca (Xirona).

Premios (anos 2006-2007) editar

  • Seleccionado para participar no VIII Certame de Arte “Galería Burela”, Burela.
  • Seleccionado para o certame “El Balcón del Ampurdá”, Xirona.
  • Primeiro premio II Certame de pintura “El vino y su entorno”, Pontevedra.
  • Seleccionado para a 21ª edición do concurso de pintura de Mieres (Xirona).
  • Seleccionado para o XV Certame de pintura “Vila de Cedeira”.
  • Premio de honra no “II Salón Internacional de Artes Plásticas de Sant Joan les Fonts” (Xirona) e “Edicións Ecuador”.
  • Seleccionado para o II Premio de Pintura “Antón Rivas Briones”, concello de Vilagarcía de Arousa.

Publicacións editar

  • Incluído na guía nacional de arte, “Artistas del siglo XXI”, editada por Ediciones Ecuador.
  • Incluído no 2001 na guía de arte “Quién y por qué”. “Anuales de las Artes Plásticas en el siglo XXI”, editada por ARTE Y PATRIMONIO, S.A.
  • No 2002, incluído na obra “Nova Arte do Deza”. “Os pintores nados na segunda metade do século XX”, editada polo Seminario de Estudios de Deza.
  • Incluído no 2003 na guía de arte “Artistas de Galicia”, editada pola Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
  • Tamén no 2003 foi incluído no catálogo “arte axuda Galicia”, editado por Marea Branca coa axuda da Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e a Deputación de Pontevedra.
  • No 2005, o pintor aparece na “Guía de arte ’05”. “XXV Aniversario”, editada por Plecs D’ART, S.L.
  • Incluído na guía de pintura 2006-2007, editada pola galería “Cebriart” de Barcelona.
  • Ademais de en numerosas guías de arte, a presenza de Fondevila déixase notar tamén en variadas revistas de carácter artístico ou cultural, entre as que se atopan a catalá “revistart” ou a revista mensual independente “Crítica de arte”, así coma noutras de ámbito local.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar