Parada, Silleda
San Tomé de Parada é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2011 tiña 200 habitantes (99 mulleres e 101 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 240 habitantes.
Parada | |
---|---|
Igrexa de San Tomé de Parada. | |
Concello | Silleda[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°37′06″N 8°13′56″O / 42.61838371, -8.23211448 |
Poboación | 200 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía e historia
editarSituada no cono sur de Silleda, é a parroquia de maior superficie do concello. O seu nome fai referencia ao paso de camiños ao Ribeiro, Silleda, Ulla, e Terra de Montes. Integrada no século XVIII na xurisdición de Deza, pertencente á provincia de Lugo, ao contrario que as demais parroquias da de Trasdeza, dentro da provicia de Santiago, acolle o punto máis alto do concello (1014 msnm, o Alto de San Bieito, na Serra do Candán. O nome deste pico débese aos monxes bieitos de Aciveiro, donos de grandes extensións de terras nestes montes.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Parada, Silleda.
-
Furna no cemiterio de Parada.
Lugares e parroquias
editarLugares de Parada
editarLugares da parroquia de Parada no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
O Barro | A Coelleira | O Cruceiro | Currás | Eirexe | Freixeiro | Mediodaldea | O Outeiro | O Pereiro | O Portapazos | Portodabalde | Redemuíños | Souto Nogueira | A Veiga |