Fomento de la Instrucción Gallega

Fomento de la Instrucción Gallega foi unha revista mensual editada en Buenos Aires entre 1909 e 1911.

Historia e características editar

Subtitulada Órgano de la Sociedad Pro Escuela en Bandeira, apareceu o 15 de agosto de 1909. Estaba dirixida por José María López e Antonio S. Freán. Contou con colaboracións de membros da Sociedade e de Nicasio Pajares e Carlos Norberto Vergara. Ademais de información sobre a Sociedade, incluíu novas sobre A Bandeira, artigos e colaboracións literarias. Cesou a súa edición co número 21, o 30 de abril de 1911. O 5 de febreiro de 1913 apareceu o periódico Lux que foi o seu continuador.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar