Añobre, Vila de Cruces

parroquia civil do concello de Vila de Cruces

San Pedro de Añobre é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2009 tiña 107 habitantes (62 homes e 45 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 29 habitantes en relación ao ano 1999 cando posuía 136 habitantes.

Añobre
Cartel indicador do lugar de Añobre.
ConcelloVila de Cruces[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°48′19″N 8°18′47″O / 42.80541177, -8.31296972Coordenadas: 42°48′19″N 8°18′47″O / 42.80541177, -8.31296972
Poboación93 hab. (2017)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Ata principios do século XII Añobre era un lugar de Camanzo, pero Xelmírez elevouno a freguesía anexa en agradecemento polas atencións recibidas dos veciños durante o tempo que a raíña Dona Urraca o tivo prisioneiro no castelo de Cira.

No ano 2007, Añobre sufriu unha modificación con respecto ás demais parroquias do seu arredor, dado que diminuíu o seu territorio, quedando a parroquia máis reducida.

Festas editar

Ten como patrón a San Pedro, pero tamén se dedica unha romaría a Santa Rita, o 22 de maio. Manda a tradición que os devotos da santa fagan garda de honra á súa imaxe durante toda a noite anterior á festa. Outra romaría tradicional era a de San Ramón, que agora celébrase no marco fluvial das Ínsuas, en Gres, o 31 de agosto.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Añobre editar

Lugares da parroquia de Añobre no concello de Vila de Cruces (Pontevedra)

Añobre | Beuvas | A Costa | Vilariño

Parroquias de Vila de Cruces editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vila de Cruces

Añobre (San Pedro) | Arnego (Santa María) | Asorei (Santa María) | Bascuas (Santa Mariña) | Besexos (San Fiz) | Bodaño (San Mamede) | Brandariz (San Miguel) | Camanzo (San Salvador) | Carbia (San Xoán) | As Cruces (Nosa Señora da Piedade) | Cumeiro (San Pedro) | Duxame (San Miguel) | Ferreirós (San Xes) | Fontao (Santiago) | Gres (Santiago) | Larazo (San Xoán) | Loño (San Mamede) | Merza (Santa María) | Obra (San Tomé) | Oirós (Santa María) | Ollares (Santa María) | Piloño (Santa María) | Portodemouros (San Salvador) | Sabrexo (Santa María) | Salgueiros (San Pedro) | San Pedro de Losón (San Pedro) | San Tomé de Insua (San Tomé) | Toiriz (San Xoán)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar