Feira Internacional de Galicia
A Feira Internacional de Galicia (nas súas iniciais, FIG) é un recinto feiral situado entre as parroquias de Silleda e Ponte, no concello pontevedrés de Silleda. Nel celébranse unha serie de certames e eventos como a Semana Verde de Galicia.
Feira Internacional de Galicia | |
---|---|
Imaxe do recinto. | |
Tipo | recinto feiral |
Data de fundación | 1996 |
En | Silleda |
País | Galicia |
42°42′26″N 8°14′38″O / 42.707305555556, -8.2438611111111 | |
Na rede | |
http://www.feiragalicia.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarDende o século XVIII, en Silleda viña celebrándose unha feira no lugar que ocupa actualmente a praza da Feira Vella. Os días 6 e 23 de cada mes acudían xentes dos arredores con gando vacún ou porcino e produtos da horta. O desenvolvemento da agricultura e da gandaría propiciou a creación da Central Agropecuaria de Galicia, encargada das transaccións de gando vacún. Así, arredor de 1976 cambiouse de localización a feira, trasladándose uns centos de metros ao norte, onde se construíron varias edificacións. Ademais, desde 1978, celebrábase a chamada Semana Verde de Galicia, unha feira multisectorial.
En 1996, o rei Xoán Carlos I foi o encargado de inaugurar as novas instalacións feirais, que se converteron nese momento no maior recinto feiral do noroeste da Península Ibérica. Dende entón, celébranse neste recinto certames de maquinaria, alimentación, automoción e exames de oposición.