O Foxo, Silleda, Silleda

aldea da parroquia de Silleda, no concello de Silleda

O Foxo é un lugar da parroquia de Silleda no concello pontevedrés de Silleda. Segundo o IGE en 2011 tiña 56 habitantes, deles 27 eran homes e 29 eran mulleres. Isto supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 65 habitantes.

O Foxo

Casa de Martínez de 1793.
ParroquiaSilleda
ConcelloSilleda
Coordenadas42°42′04″N 8°15′25″O / 42.701239647726, -8.2569044369021
Poboación56 hab. (2011)
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

O Foxo viviu a súa época dourada entre os séculos XVI e o primeiro terzo do XIX. Pertencía á antiga provincia de Santiago e á xurisdición de Trasdeza, sendo capital civil do distrito do mesmo nome. Xa aparece mencionado nunha das primeiras cartografías que se conservan sobre Galicia, o mapa do reino de Galicia de Fenando de Ojea do ano 1612. Moi descoidado na actualidade, diversas fontes destacan a súa importancia como cruzamento de importantes camiños medievais, paso obrigado de arrieiros, arteria que ía a Compostela e verea relixiosa para aqueles que dende o sur da península e nordeste de Portugal peregrinaban ata a catedral de Santiago.

O paso obrigado de camiñantes de diverso rango, marcou a vida desta aldea e xerou os servizos e establecementos que se demandaban, como o de postas, do ferreiro, de botica, correos, estanco, cobradores de impostos e de portádego, fontes, lavadoiro, capela de servizos relixiosos, xuíz e administrador real.

Actualidade

editar

Aínda hoxe, no Foxo aprécianse restos da diversa tipoloxía de construcións, destacando, polas súas dimensións, edificacións como a Casa de Martínez de 1793, a Casa da Botica, a Casa Cuartel, a que foi Casa do Concello e antes Casa da Administración,con estafeta de correos e estanco, case non se distingue agora por culpa das hedras.

Relixión

editar

No Foxo venérase a San Roque, o peregrino por excelencia e celébrase unha misa na súa honra unha vez ao ano, o 16 de agosto.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Silleda

editar
Lugares da parroquia de Silleda no concello de Silleda (Pontevedra)

Casas do Monte | Costoia | Fonteboa | O Foxo | A Mera | Mourelos | Outeiro | Silleda | Toiriz | Toxa | Trasfontao

Parroquias de Silleda

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Silleda

Abades (Santa María) | Ansemil (San Pedro) | Breixa (Santiago) | Carboeiro (Santa María) | O Castro (San Mamede) | Cervaña (San Salvador) | Chapa (San Cibrao) | Cira (Santa Baia) | Cortegada (Santa María) | Dornelas (San Martiño) | Escuadro (San Salvador) | Fiestras (San Martiño) | Graba (Santa María) | Lamela (San Miguel) | Laro (San Salvador) | Manduas (San Tirso) | Margaride (San Fiz) | Martixe (San Cristovo) | Moalde (San Mamede) | Negreiros (San Martiño) | Oleiros (San Miguel) | Parada (San Tomé) | Pazos (San Martiño) | Piñeiro (San Xiao) | Ponte (San Miguel) | Refoxos (San Paio) | Rellas (San Martiño) | Saídres (San Xoán) | Siador (San Miguel) | Silleda (Santa Baia) | Taboada (Santiago) | Vilar (San Martiño) | Xestoso (Santa María)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar