Castro de Toiriz
O Castro de Toiriz, tamén coñecida como Eira dos Mouros, é un sitio arqueolóxico da Idade de Ferro, situado preto da aldea de Toiriz, na parroquia e concello de Silleda.
Castro de Toiriz | |
---|---|
Parroquia | Silleda |
Concello | Silleda |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA36052042 |
Cronoloxía | |
Data da descuberta | ? |
Estado actual | non escavado |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
Descrición
editarEste poboado castrexo, situado ás aforas do núcleo urbano de Silleda, non foi aínda escavado, pero dada a súa localización e os restos atopados nel, pénsase que este recinto foi levantado arredor do século IV a.C.. O castro está formado por dous recintos amurallados, un deles de forma circular situado na parte superior do outeiro, a chamada Eira dos Mouros e o outro discorre nun plano inferior apegado ao antes citado pola parte sur e leste. Pola parte exterior deste último recinto aparece un sistema defensivo composto de foso e parapeto.
Ademais, os Castros de Toiriz son protagonistas de numerosas lendas populares que lle dan un certo carácter místico. Por todo o recinto atópanse diversos paneis informativos, explicando algunha das súas características, así como imaxes do paisaxe que se observa. A restauración foi levada adiante grazas ao Colectivo pola Recuperación de Os Catros de Toiriz no ano 2010.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Ligazóns externas
editar- Castro de Toiriz na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.