Adrián Troitiño

sindicalista galego

Adrián Troitiño Alcobre, nado en Moalde (Silleda) o 3 de xaneiro de 1869 e finado en Montevideo o 26 de maio de 1941, foi un sindicalista libertario.

Adrián Troitiño
Nacemento3 de xaneiro de 1869
Lugar de nacementoMoalde
Falecemento26 de maio de 1941
Lugar de falecementoMontevideo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Emigrado como polisón a Bos Aires en 1880, axiña comezou a traballar de panadeiro. Comezou a contactar co movemento libertario e na dirección do seu gremio. Expulsado da Arxentina en 1902 as autoridades deportárono ao Uruguai.[1]

Na súa actividade como sindicalista destacou como representante da Sociedad de Resistencia y Colocación de Obreros Panaderos en Montevideo e do Sindicato de Oficios Varios de Villa del Cerro. Participou en México na Conferencia Latino Americana del Trabajo, e foi membro da dirección do Sindicato de Vendedores de Diarios, ademais de xestor da "Casa del Canillita".

Século XX editar

Nos primeiros anos do século XX compaxinou a actividade política e sindical coa participación en medios xornalísticos. Foi director da redacción da publicación El Obrero. A finais de 1902 foi expulsado da Arxentina xunto a Julio Camba. Tras chegaren a Cádiz foron levados a Barcelona. Alí foron apresados para previr atentados ante a presenza do vicepresidente da Arxentina. Trasladados á prisión de Pontevedra, foron postos en liberdade, pero Adrián Troitiño foi requirido polo goberno militar da Coruña para facer o servizo militar, malia ter xa 33 anos. Evitouno ó alegar ter unha hernia.

Ó chegar a España desde Arxentina viña coa súa muller e con cinco fillos, dos que un morreu en Barcelona, polo que pediu axuda a Julio Camba. Anos despois volveu emigrar a Latinoamérica e seguiu coa labor sindicalista, pero xamais regresou a Arxentina, onde tiña vedada a entrada. Morreu en Montevideo en 1941, onde foi moi homenaxeado, sendo o seu nome posto a unha avenida.

Notas editar

  1. Xosé Manuel Núñez Seixas La Galicia austral: la inmigración gallega en la Argentina Biblos, 2001, p. 169