Heraldo de Galicia (A Habana)
Heraldo de Galicia foi un periódico editado na Habana entre 1919 e 1935.
Heraldo de Galicia | |
---|---|
Fundación | 1919 |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Localidade | A Habana |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Enciclopedia Galega Universal e Diccionario da literatura galega |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Periódico consagrado a los intereses del pueblo galiciano y paladín de la colonia gallega en Cuba, apareceu o 1 de xuño de 1919 como semanario bilingüe, a partir de maio de 1920 converteuse en quincenal, e desde 1927 saíu cada dez días. Fundado por Manuel Fernández Doallo, estivo dirixido por R. P. Buyo, Hilario Ramón Alonso e o propio Manuel Fernández Doallo a partir de 1924. Entre os seus colaboradores figuraron Mercedes Vieito, Fernando Penalba, Vicente González Paratcha, Roberto Blanco Torres, Avelino Rodríguez Elías, Agustín Ribas Sánchez, Xesús Golmar, Juan Arévalo Viéites, Inocencio González, Modesto Prieto Camiña, Manuel González Rodríguez, Alejandro Prieto, Sinesio Fraga, Xosé Lesta Meis, Rafael Villaseca, José María Calveiro, Miguel Bendamio e Benito Rivadulla. Ilustrado con algunhas caricaturas de Ignacio Vidales Tomé. Abordou criticamente os problemas económicos e sociais de Galicia, combateu a continuación da guerra colonial española en África. Tamén publicou poemas e narracións de autores galegos. Cesou a súa publicación en 1935.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Heraldo de Galicia". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Neira Vilas, Xosé (2005). "Heraldo de Galicia". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Neira Vilas, Xosé (2011). A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-453-5020-1.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: CCG. pp. 213–214. ISBN 84-87172-30-X.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha na Enciclopedia da Emigración Departamento de Migración da Confederación Intersindical Galega.