Manuel Fernández Doallo

xornalista galego

Manuel Fernández Doallo, nado en Ourense e finado en Cuba en 1935, foi un xornalista galego.

Manuel Fernández Doallo
Nacementoséculo XIX
 Ourense
Falecemento1935
 Cuba
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Emigrado en Cuba. Nos anos dez creou o Centro Republicano Español en Cuba. Propietario da Empresa de Publicidad Galiciana, fundou e dirixiu a revista Eco de Galicia e dirixiu o periódico Heraldo de Galicia. Foi presidente da Unión Orensana da Habana (1925). En 1927 foi elixido presidente do Comité Pro-Casa Curros Enríquez, foi consiliario suplente da directiva da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia (1929-1930) e en 1931 foi nomeado delegado de Beneficencia Gallega no Comité de Auxilio Pro Inmigrantes Españoles. En 1935 fixo unha viaxe a Galicia para recuperarse dunha enfermidade que padecía. Ao non superala, finou ese ano.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar