Xesús Golmar
Xesús Golmar Rodríguez, nado en Santiso (Lalín) o 11 de setembro de 1908 e finado na mesma parroquia o 20 de xaneiro de 1962, foi un mestre, xornalista e político galego, e o derradeiro alcalde republicano de Lalín.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de setembro de 1908 Santiso, España |
Morte | 20 de xaneiro de 1962 (53 anos) Santiso, España |
Alcalde de Lalín | |
11 de abril de 1936 – 24 de xullo de 1936 (destitución) ← Manuel Ferreiro Panadeiro – Bernardo Madriñán González → | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, xornalista, político |
Traxectoria
editarFillo de Manuel Golmar Cacheda, estudou o bacharelato en Lugo e fíxose mestre na Escola Normal de Santiago de Compostela animado polo seu parente e mentor Ramón Salgado Toimil. Foi mestre en Silvela (1931-33), Corvelle (1933-34) e Méixome (1934-36).
Colaborou nos periódicos El Ideal Gallego, La Provincia, Eco de Galicia, Heraldo de Galicia, El Pueblo Gallego, Atrás, Vida Escolar, Faro Villalbés, Razón, A Nosa Terra e Escuela Vivida, onde escribiu poemas e artigos pedagóxicos e políticos.
En 1934 ingresou no Partido Galeguista, e converteuse ao ano seguinte en presidente do Grupo Galeguista de Lalín (1935-36). Logo da destitución de Manuel Ferreiro Panadeiro nomeárono alcalde de Lalín o 11 de abril de 1936. A raíz do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 destituírono o 24 de xullo. Detido e xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión o 18 de novembro con José Crespo Torres e Miguel Lamas Iglesias, condenárono a cadea perpetua.[1] Preso primeiro en San Simón, trasladárono ao Forte de San Cristovo (Pamplona) en febreiro de 1937, onde permaneceu ata setembro de 1940.[2] En liberdade provisional, pero inhabilitado para o maxisterio, regresou a Santiso onde casou. Morreu sen ser rehabilitado como mestre.
Recoñecementos
editarDende 2004 leva o seu nome un centro escolar de Lalín, o CEIP Xesús Golmar.
Notas
editar- ↑ El Progreso, 19-11-1936, p. 3.
- ↑ "Golmar Rodríguez, Jesús Manuel". Los presos del penal de Ezcaba.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar
Predecesor: Manuel Ferreiro Panadeiro |
Alcalde de Lalín 11-4-1936 - 24-7-1936 |
Sucesor: Bernardo Madriñán |