Vida Escolar
Vida Escolar foi un semanario publicado en Lugo entre 1927 e 1937.
Historia e características editar
Subtitulado Semanario dedicado a la defensa del Magisterio Lucense, apareceu o 8 de xaneiro de 1927. Publicábase os sábados. O seu director foi Andrés Gómez Legaspi e entre os seus colaboradores figuraron Enrique Correa, José Galera Moreno, Luís Soto Menor, Julián Pérez Palacios, Xesús Golmar e Germán Lastra. De carácter escolar e pedagóxico, estaba elaborado por mestres e incluíu varios folletíns, como a novela de J. Pérez-Brun La crueldad de los felices (1933). Deixou de publicarse o 27 de agosto de 1937. Foi substituído por Escuela Azul.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Edicións do Castro. ISBN 84-7492-489-8.