José Crespo Torres
José Crespo Torres, nado en Bendoiro (Lalín) en 1905 e finado en Poio o 2 de decembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.
José Crespo Torres | |
---|---|
Nacemento | 1905 |
Bendoiro | |
Falecemento | 2 de decembro de 1936 |
A Caeira | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | sindicalista e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Emigrante retornado de Buenos Aires. Foi vicepresidente da Sociedade Obreira de Donsión en 1931. Fundou a Sociedade obreira La Democracia de Bendoiro. Nomeado alguacil-porteiro do concello de Lalín en 1934. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido con José Fondevila García e estivo preso.[1] Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 23 de xullo. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 18 de novembro con Xesús Golmar Rodríguez e Miguel Lamas Iglesias, foi condenado a pena de morte.[2] Foi executado o 2 de decembro de 1936 no Km. 1 da estrada a Campañó con Eduardo Muíños Búa, Joaquín Fernández Barcia, Manuel Dios Costado, Manuel Vázquez Cruz, José Gabriel Cespón Pazos, Ángel Cadavid Caamaño, José Prol Figueiro e Manuel Puente Iglesias.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Vítimas da represión franquista en Lalín, artigo de Manuel Igrexas.
- José Crespo Torres na páxina web Nomes e Voces.