Joaquín Fernández Barcia

carpinteiro e político galego

Joaquín Fernández Barcia, coñecido como El Negro, nado en Mourente (Pontevedra) o 10 de agosto de 1906 e finado en Poio o 2 de decembro de 1936, foi un carpinteiro e político galego.

Infotaula de personaJoaquín Fernández Barcia
Biografía
Nacemento10 de agosto de 1906 Editar o valor em Wikidata
Mourente, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Poio, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Ebanista, afiliado á Sociedade de Ebanistas afecta á UGT. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e estivo preso. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse en Vigo na casa duns parentes. O 25 de agosto foi recoñecido por un policía pontevedrés que estaba en Vigo para efectuar un servizo e foi detido. Acusado de participar na requisa efectuada na armería de Ruperto Santos e nos feitos revolucionarios de xullo, arengando e alentando os grupos rebeldes. O 20 de novembro foi xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión militar con Eduardo Muíños Búa, Manuel Dios Costado, Nemesio Laya Abal, Ciriaco Licer Cons e Ramón Rey Juncal, e condenado a pena de morte.[1] Foi executado o 2 de decembro de 1936 no Km. 1 da estrada a Campañó con Eduardo Muíños Búa, Manuel Dios Costado, José Crespo Torres, Manuel Vázquez Cruz, José Gabriel Cespón Pazos, Ángel Cadavid Caamaño, José Prol Figueiro e Manuel Puente Iglesias.

Dous dos seus irmáns foron detidos nos anos corenta acusados de actividades subversivas: Antonio, detido en 1947 por recadar diñeiro para Mundo Obrero, foi posto en liberdade polo xuíz por non haber cargos probados, e Saturno, detido e procesado en 1948 por presuntas implicacións co PCE, foi absolvido.

Vida persoal editar

Casou en 1932 con Dolores Corredoira González.,[2] que finou en decembro de 1934.[3]

Notas editar

  1. El Diario de Pontevedra, 21-11-1936, p. 2.
  2. El Progreso, 6-12-1932, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 7-12-1934, p. 11.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar