Escuela Vivida foi unha publicación editada en Pontevedra entre 1935 e 1936.

Escuela Vivida
PaísEspaña
LugarPontevedra
Lingualingua castelá
Fundación1935
Descrito porEnciclopedia Galega Universal e Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Na rede
Galiciana: 584329
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulado Órgano de la Casa del Maestro, apareceu o 2 de maio de 1935. Publicábase os días 2, 9, 16 e 23 de cada mes. Defendía o ensino laico, gratuíto e obrigatorio, e reclamaba a aprendizaxe en lingua galega ata os oito anos. Incluíu información sobre ciencia, arte, lexislación e política educativa. A sección societaria estaba dirixida polo secretario da sección da FETE de Vigo, Víctor Fraiz Villanueva. Entre os seus colaboradores figuraron Roxelio Pérez González e Xesús Golmar. Cesou a súa publicación co número 59 o 16 de xullo de 1936.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar