Abrir o menú principal

Ignacio Vidales Tomé, nado en Ponteareas o 30 de marzo de 1896 e falecido no mesmo concello o 11 de agosto de 1963[1], foi un xornalista, debuxante e caricaturista galego.

Ignacio Vidales Tomé
Nacemento30 de marzo de 1896
 Ponteareas
Falecemento11 de agosto de 1963
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Fixo os primeiros estudos en Vigo. Marchou a Vilalba onde exerceu como amanuense do seu tío, o notario Victoriano Tomé Ramos. En 1921 obtivo o título de procurador dos tribunais, asentouse en Ponteareas e abriu un bufete. Despois sería xuíz municipal de Ponteareas.

Debutou como debuxante en 1917 na revista Vida Gallega, despois colaborou en El Tea, Don Quijote, El Galleiro, Faro de Vigo e El Pueblo Gallego. Compaxinou o debuxo de humor cos artigos, nos que case sempre falaba de fútbol.

A través do seu humor, sutil e irónico, puxo de relevo os aspectos máis negativos do momento que lle tocou vivir nunha Galicia caracterizada pola fame, a pobreza, a emigración e a falla de igualdade social.

Despois da súa morte, en 1964, algúns dos seus artigos foron recollidos no libro Ruleta de motivos puenteareanos por Carlos Rivero Troncoso. Clodio González Pérez publicou unha antoloxía dos seus debuxos.

NotasEditar

  1. "Ha muerto D. Ignacio Vidales Tomé" in El Pueblo Gallego, 14-8-1963, p. 4.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Novoa Iglesias, Miguel Ángel (1980). Autor-editor, ed. Vidales Tomé. Vigo. ISBN 84-300-2815-3.