Miguel Bendamio
Miguel Bendamio Montero, nado en Ares en 1873 e finado na Habana en 1938, foi un xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1873 Ares, España |
Morte | 1938 (64/65 anos) A Habana, Cuba |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Traxectoria
editarEmigrou a Cuba a finais da década de 1880. Traballou na fábrica de tabacos La Cruz Roja e despois estableceuse como propietario da sociedade de importación M. Bendamio y Cía. Participou na fundación da Alianza Aresana de Instrucción en 1904,[1] da que foi secretario en 1905,[2] secretario contador en 1908,[3] vicepresidente en 1918-19, presidente en 1920 e secretario en 1922.[4] Participou nos labores da comisión xestora da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega. Colaborou en La Tierra Gallega, no semanario galaico-habaneiro Galicia e en Heraldo de Galicia e Eco de Galicia, e foi correspondente en Cuba de Galicia en Madrid. Publicou na Habana en 1925 a novela Cómo se llega a millonario. Novela corta del ambiente aresano (Imprenta Fouce y Guerra).[5]
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miguel Bendamio |
Ligazóns externas
editar- Biografía de Miguel Bendamio no sitio web do Consello da Cultura Galega.