Galicia en Madrid (1932)

Galicia en Madrid foi unha revista editada en Madrid entre 1932 e 1936.

Galicia en Madrid
PaísEspaña
Lugar de publicaciónMadrid
Lingualingua castelá
Circulación
ISSN2172-6574
Na rede
HemBNE: 0026428186 HemBNE: 26173298
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Órgano de Lar Gallego. Revista mensual, apareceu en xaneiro de 1932. Dirixida por José Manuel Poyán, Manuel Castro Gil era o director artístico, José Vidal Lois o subdirector literario e José Díaz Andión o redactor xefe. Entre os seus colaboradores figuraron Victoriano García Martí, Marisa Villardefrancos Legrande, Manuel Blanco Otero, Enrique Peinador Porrúa, Gerardo Bugallo Barreiro, Manuel Fontán Medina e Juan Rof Codina; Miguel Bendamio Montero era o correspondente en Cuba.

Se propone la exaltación de los valores sociales, la difusión de las imponderables bellezas de nuestra amada tierra, la compenetración y el mutuo apoyo de los gallegos residentes en la capital de España

Nunha primeira época estivo centrada na actualidade con misceláneas e recensións da vida social. A partir de 1933 incorporou textos poéticos de Aurelio Ribalta, Lamas Carvajal, Avelino Rodríguez Elías, Ramón Cabanillas e Juan López Medina; as seccións "Adiviñanzas" e "Sabiduría popular", feitas por Noriega Varela; biobibliografías de persoeiros galegos; e a reprodución dun vocabulario tirado do Diccionario castellano-gallego, de Vicente Llópiz Méndez. Cesou a súa publicación en abril de 1936.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar