Enrique Peinador Porrúa

avogado, xornalista e político galego

Enrique Peinador Porrúa, nado en México o 4 de abril de 1902 e finado en Madrid o 27 de abril de 1940, foi un avogado, xornalista e político galego.

Infotaula de personaEnrique Peinador Porrúa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de abril de 1902 Editar o valor em Wikidata
México Editar o valor em Wikidata
Morte27 de abril de 1940 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiEnrique Peinador Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Expediente académico

Fillo de Enrique Peinador Lines. Avogado laboralista, fiscal, secretario da Academia de Jurisprudencia y Legislación. Foi secretario do Lar Gallego de Madrid. Colaborou en Galicia en Madrid. Militou en Izquierda Republicana. En 1935 editou o periódico ¡Amnistía! para defender aos procesados polos sucesos de outubro de 1934. Durante a guerra civil foi dirixente das Milicias Populares Galegas. Despois da guerra foi xulgado e executado o 27 de abril de 1940 no cemiterio do leste de Madrid.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar