Edificio Castelao

museo en Pontevedra

O Edificio Castelao é un edificio de arquitectura moderna de principios do século XXI situado na esquina da rúa Padre Amoedo Carballo coa rúa Serra en Pontevedra, no límite do centro histórico. Pertence ao Museo de Pontevedra.

Edificio Castelao
Fachadas nas rúas Serra e Padre Amoedo Carballo
Edificio
EstiloArquitectura moderna
EnderezoRúa Padre Amoedo Carballo, 3
LocalizaciónPontevedra
Coordenadas42°26′01″N 8°38′32″O / 42.433694444444, -8.6421666666667Coordenadas: 42°26′01″N 8°38′32″O / 42.433694444444, -8.6421666666667
PropietarioDeputación de Pontevedra
Construción
Inicio2004
Construción2008
Remate2008
Dimensións
Plantas5 (planta baixa, 3 andares + soto)
Equipo
Arquitecto(s)Jesús Ulargui e Eduardo Pesquera
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O 2 de maio de 2003 durante a inauguración da ampliación do edificio Fernández López do museo de Pontevedra o seu director anunciou que se construiría un novo edificio do museo entre as rúas Cobián Roffignac e Serra.[1]

O edificio foi construído entre 2004 e 2008 segundo un proxecto dos arquitectos Eduardo Pesquera e Jesús Ulargui para paliar a falta de espazo expositivo do Museo de Pontevedra.[2][3][4] Está situado no soar da antiga horta do Colexio dos Xesuítas da cidade, detrás do colexio destes e da igrexa de San Bartolomeu.[5]

O edificio foi financiado pola Deputación de Pontevedra, o Ministerio de Cultura, a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra. O proxecto supuxo a creación dunha nova rúa peonil entre as ruas Padre Amoedo e Arcos de San Bartolomé.[2]

O espazo de exposición temporal inaugurouse en xullo de 2008 coa Bienal de Arte dedicada ao Magreb.[6] Tras a posta en marcha da museografía, o edificio inaugurouse o 4 de xaneiro de 2013.[7] O 2 de decembro de 2021 foi bautizado como Edificio Castelao, en honra a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un dos fundadores do Museo de Pontevedra.[8][9]

Descrición editar

O edificio ten unha superficie de 10.000 metros cadrados e consta de tres plantas e unha planta baixa. Conta con 23 salas de exposición permanente, con obras maioritariamente pictóricas, que mostran a evolución da arte galega desde o gótico ata a actualidade, así como manifestacións artísticas doutras rexións de España desde a época de Goya ata mediados do século XX.[10] Tres das salas están dedicadas a Castelao e tamén hai un amplo espazo para a rica colección de pintura española de pintores como Goya, Fortuny, Rusiñol e Vázquez Díaz, e para a arte galega cunha ampla representación de renovadores como Maside, Torres, Souto, Colmeiro e Laxeiro.[11]

O edificio conta tamén con salas de exposicións temporais, un auditorio, unha cafetería e espazos para obradoiros. Ademais, na súa planta soto, pódese ver un tramo de 50 metros dos restos das antigas murallas de Pontevedra, integrado no edificio.[5][12]

A característica máis notable do edificio é a súa luminosidade. Está construído ao redor de dúas estruturas rectangulares conectadas por pasarelas de cristal. O interior combina o formigón branco na estrutura con chans de granito e madeira branqueada nas salas. O módulo sur, máis pequeno, está acristalado para darlle lixeireza e facilitar a transición ao edificio Sarmiento do museo, ao que está conectado por dúas pasarelas de cristal a media altura.[13] A estrutura norte, máis impoñente e hermética, ten paredes exteriores de granito e paneis de cristal lonxitudinais de seguridade que permiten a entrada de luz natural desde a parte superior das salas e funcionan como xanelas cenitais.[14]

Galería editar

Notas editar

  1. "El Museo de Pontevedra se convierte en uno de los grandes de España". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de maio de 2003. 
  2. 2,0 2,1 "Florentino Pérez dice que hará la obra del Museo como si fuese el Prado". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de febreiro de 2004. 
  3. "Rajoy inaugura un edificio del Museo de Pontevedra construido en 2008". El País (en castelán). 4 de xaneiro de 2013. 
  4. "Comiendo a salto de barra". El País (en castelán). 13 de xuño de 2014. 
  5. 5,0 5,1 "Visita los seis edificios del Museo de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de novembro de 2018. 
  6. "Rajoy inaugura las 23 salas permanentes del sexto edificio del Museo Provincial". Faro (en castelán). 4 de xaneiro de 2013. 
  7. "Rajoy reivindica el Museo de Pontevedra como el mejor provincial de España". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xaneiro de 2013. 
  8. "El Sexto Edificio del Museo pasa a denominarse Edificio Castelao". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de xaneiro de 2021. 
  9. "El Museo ya presume de Castelao con su nombre en la fachada". Pontevedra Viva (en castelán). 2 de decembro de 2021. 
  10. "48 horas en Pontevedra: la bella desconocida". ABC (en castelán). 17 de xullo de 2013. 
  11. "El nuevo Museo de Pontevedra viaja a la Bienal de Venecia". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de setembro de 2008. 
  12. "Luz verde para recuperar el tramo más largo de la muralla". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de xuño de 2008. 
  13. "Edificio nuevo sin palmera centenaria". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de outubro de 2017. 
  14. "El nuevo Museo de Pontevedra llega a Venecia". El País (en castelán). 10 de setembro de 2008. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Aganzo, Carlos (2010). Pontevedra. Ciudades con encanto (en castelán). Madrid: El País-Aguilar. p. 52. ISBN 978-8403509344. 
  • Riveiro Tobío, Elvira (2008). Descubrir Pontevedra (en castelán). Pontevedra: Edicións do Cumio. p. 63. ISBN 9788482890852. 
  • Varela Campos, María de la Paz (2009). Guía de museos de Galicia (en castelán). Edicións Nigra Trea. pp. 99–101. ISBN 978-8495364074. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar